Abrir o menú principal

O KP Legia Warszawa é un club profesional de fútbol da cidade de Varsovia, en Polonia, fundado en marzo de 1916 durante a Primeira Guerra Mundial como equipo dos lexionarios polacos, de aí o seu nome. Trala guerra quedou como equipo oficial do exército. En 1927 foi un dos 14 equipos fundadores da primeira edición da liga polaca, competición na que acadou o seu primeiro título en 1955. Na actualidade é un dos equipos punteiros do fútbol polaco, 1º na clasificación histórica da Ekstraklasa, con 8 títulos de liga no seu palmarés, 14 títulos de copa, 4 de supercopa e 1 de copa da liga. Nas competicións europeas acadou os seus mellores resultados en 1970 e 1991, disputando as semifinais da Copa de Europa 1969-70 e as semifinais da Recopa de Europa 1990-91.

Legia Warszawa
NomeKlub Piłkarski Legia Warszawa
Alcume(s)Wojskowi (Militares), Legioniści (Lexionarios)
Fundación1927
EstadioStadion Wojska Polskiego
Varsovia, Polonia
Inauguración1930
Capacidade31.000
PresidentePolonia Dariusz Mioduski
AdestradorCroacia Romeo Jozak
LigaEkstraklasa
2016–17
Páxina webPáxina web
Na casa
Fóra

O Legia disputa os seus encontros como local no Stadion Wojska Polskiego, chamado así por razóns de patrocinio. O recinto foi inaugurado en 1930 e totalmente reconstruido entre 2008 e 2011. A capacidade do estadio trala reconstrución é de 31.000 espectadores, todos sentados.

PalmarésEditar

  • Liga Polaca (12) = 1955, 1956, 1968-69, 1969-70, 1993-94, 1994-95, 2001-02, 2005-06, 2013, 2014, 2016, 2017
  • Copa Polaca (18) = 1955, 1956, 1964, 1966, 1973, 1980, 1981, 1989, 1990, 1994, 1995, 1997, 2008, 2011, 2012, 2013, 2015, 2016
  • Supercopa Polaca (4) = 1989, 1994, 1997, 2008
  • Copa da Liga Polaca (1) = 2002

Cadro de xogadoresEditar

No cadro de xogadores que compoñen o equipo salienta o galego Nacho Novo, que asinou co equipo polaco o 16 de febreiro de 2012.

 
Stadion Wojska Polskiego, fogar do Legia.
Posto País Xogador
1 POR   Marijan Antolović
2 DEF   Artur Jędrzejczyk
3 MED   Albert Bruce
4 DEF   Dickson Choto
5 MED   Janusz Gol
6 DEF   Michał Żewłakow
7 DIA   Michal Hubník
9 DIA   Nacho Novo
11 DEF   Tomasz Kiełbowicz
12 POR   Dušan Kuciak
14 DEF   Jakub Wawrzyniak
15 DEF   Iñaki Astiz
18 DIA   Michał Kucharczyk
20 MED   Jakub Kosecki
21 MED   Ivica Vrdoljak (Cap)
Posto País Xogador
22 DIA   Ismael Blanco
23 DEF   Srđa Knežević
24 DIA   Michał Efir
25 DEF   Jakub Rzeźniczak
26 DIA   Maciej Górski
27 MED   Rafał Wolski
28 DIA   Danijel Ljuboja
29 POR   Jakub Szumski
32 MED   Miroslav Radović
33 MED   Michał Żyro
37 MED   Dominik Furman
38 MED   Bartosz Żurek
84 POR   Wojciech Skaba
95 MED   Aleksander Jagiełło

Algúns dos xogadores mais salientables que defenderon as cores do Legia ó longo da súa historia son Kazimierz Deyna (Balón de Bronce en 1974), Ernst Pohl (máximo goleador histórico da liga polaca), Lucjan Brychczy (2º máximo goleador histórico da liga polaca) e Michał Żewłakow (xogador polaco con mais encontros coa súa selección nacional).

Véxase taménEditar