Dragan Džajić
Dragan Džajić (en serbio cirílico: Драган Џајић), nado o 30 de maio de 1946 en Ub, Iugoslavia, é un exfutbolista internacional iugoslavo, de orixe serbio. Xogaba na posición de extremo esquerdo e está considerado como un dos mellores futbolistas iugoslavos da historia. A súa carreira transcorreu entre 1961 e 1978, e de xeito case íntegro no Estrela Vermella de Belgrado.
Dragan Džajić | |||
---|---|---|---|
![]() Dragan Džajić (dereita) facendo un centro ante a oposición do defensa sueco Jan Olsson, durante o Mundial de 1974. | |||
Información persoal | |||
Nome | Драган Џајић | ||
Nacemento | 30 de maio de 1946 (76 anos) | ||
Lugar de nacemento | Ub | ||
Altura | 176 centímetros | ||
Posición | Extremo esquerdo | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1961–1975 | Estrela Vermella | 280 | (150) |
1975–1977 | Bastia | 56 | (31) |
1977–1978 | Estrela Vermella | 25 | (5) |
Total | 359 | (144) | |
Selección nacional | |||
1964–1978 | Iugoslavia | 85 | (23) |
Na rede | |||
![]() ![]() ![]() | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
TraxectoriaEditar
Džajić naceu nunha pequena vila chamada Ub o 30 de maio de 1946, preto da cidade de Belgrado. Desenvolveu case toda a súa carreira deportiva no Estrela Vermella de Belgrado, salvo dous anos, entre 1975 e 1977 que xogou no Bastia, en Francia. Co Estrela Vermella anotou 155 goles e conquistou cinco veces a Primeira Liga, entre outros títulos. Co Bastia anotou 31 goles na liga francesa.
Internacionalmente debuta o 17 de xuño de 1964 coa selección de Iugoslavia, nun encontro contra Romanía. En total disputou un total de 85 encontros internacionais, anotando 23 goles. Despois do seu retiro chegou a ser adestrador e presidente do Estrela Vermella, posto ó que renunciou en 2004 por motivos de saúde.
Džajić considérase coma un dos mellores extremos da historia, reunindo tódalas cualidades requiridas a un xogador nesa posición, destacando polo seu caneo, velocidade, bo disparo a porta e por riba de todo, polos seus abraiantes centros. Non menos abraiante era a súa habilidade a balón parado, sendo un auténtico mestre nos lanzamentos de falta e nos lanzamentos de córner directo.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- UEFA.com - Serbia and Montenegro's Golden Player
- Serbian National Team Profile Arquivado 14 de febreiro de 2009 en Wayback Machine.