Abrir o menú principal

Mundial de Fútbol de 1970

(Redirixido desde "Copa Mundial de Fútbol de 1970")

O campionato de 1970 foi disputado en México. O Brasil resultou vencedor unha vez máis derrotando á Italia na final por 4 a 1. Este foi o terceiro mundial que gañou Pelé e tamén o derradeiro que xogou.

Copa do Mundo de Fútbol 1970
México 70
Balón oficial do mundial
Detalles do torneo
Organizador Flag of Mexico.svg México
Datas 31 de maio21 de xuño
Equipos 16 (de 75 participantes)
Sedes 5 (de 5 cidades)
Resultado
Campión Brasil Brasil
Subcampión Italia Italia
Terceiro Alemaña Alemaña Occidental
Cuarto Uruguai Uruguai
Estatísticas
Partidos 32
Goles 95 (2,97 por partido)
Asistencia 1.603.975 (50.124 por partido)
Goleador Alemaña Gerd Müller (10)
Mellor xogador
Mellor promesa
Mellor porteiro
Xogo limpo
◄◄ Inglaterra Inglaterra 1966   Soccerball.svg   Alemaña 1974 Alemaña ►►

O formato da competición seguía a se-lo mesmo que catro anos atrás: 16 equipos clasificados para a fase final, que se dividen en catro grupos de catro. Os dos primeiros de cada un clasifícase para os cuartos de final. A partir de aquí son eliminatorias a un só partido.

Sendo a terceira vitoria do combinado brasileiro, ficaron coa Copa Jules Rimet en propiedade, tal como se estableceu na fundación do torneo. Os outros campionatos foron en 1958 e 1962. O adestrador brasileiro Mario Zagallo foi o primeiro en ser campión do mundo de xogador, nos dous títulos anteriores, e de adestrador.

Os propios brasileiros maravillaron ó mundo cun equipo que segue e ser considerado como o mellor que endexamais pisou un terreo de xogo. O ataque estaba formado por Jairzinho, Gerson, Tostao, Pelé e Rivelino. O propio Jairzinho ten o récord de marcar en tódolos encontros ó menos un gol, marca non repetida nin superada. O xermano Gerd Muller rematou como máximo artilleiro do torneo, con 10 goles en 6 encontros.

Un encontro memorable, á marxe dos disputados por Brasil foi a semifinal que enfrontou a Italia e a Alemaña Federal. Preto do remate do encontro gañaba o equipo italiano por 1 a 0, cando no último minuto o defensa xermano Karl-Heinz Schnellinger anotou o tanto do empate. Con este resultado, foise á prórroga. Aquí Franz Beckenbauer, mancou o ombreiro e como o seu equipo estaba xa sen a posibilidade de facer trocos tivo que seguir a xogar co brazo en estribeira. Estes trinta minutos deron para cinco goles, xa que tras varias alternativas no marcador o resultado final foi de 4-3 para Italia.

Primeira RoldaEditar

Grupo AEditar

Equipo Pts Pld V E D GF GC DG
  Unión Soviética 5 3 2 1 0 6 1 5
  México 5 3 2 1 0 5 0 5
  Bélxica 2 3 1 0 2 4 5 -1
  O Salvador 0 3 0 0 3 0 9 -9

31 de maio, Estadio Azteca, Mexico City -   México 0 - 0   Unión Soviética

3 de xuño, Estadio Azteca, Mexico City -   Bélxica 3 - 0   O Salvador

6 de xuño, Estadio Azteca, Mexico City -   Unión Soviética 4 - 1   Bélxica

7 de xuño, Estadio Azteca, Mexico City -   México 4 - 0   O Salvador

10 de xuño, Estadio Azteca, Mexico City -   Unión Soviética 2 - 0   O Salvador

11 de xuño, Estadio Azteca, Mexico City -   México 1 - 0   Bélxica

Grupo BEditar

Equipo Pts Pld V E D GF GC DG
  Italia 4 3 1 2 0 1 0 1
  Uruguai 3 3 1 1 1 2 1 1
  Suecia 3 3 1 1 1 2 2 0
  Israel 2 3 0 2 1 1 3 -2

2 de xuño, Estadio Cuauhtémoc, Puebla -   Uruguai 2 - 0   Israel

3 de xuño, Estadio Luis Dosal, Toluca -   Italia 1 - 0   Suecia

6 de xuño, Estadio Cuauhtémoc, Puebla -   Uruguai 0 - 0   Italia

7 de xuño, Estadio Luis Dosal, Toluca -   Israel 1 - 1   Suecia

10 de xuño, Estadio Cuauhtémoc, Puebla -   Suecia 1 - 0   Uruguai

11 de xuño, Estadio Luis Dosal, Toluca -   Italia 0 - 0   Israel

Grupo CEditar

Equipo Pts Pld V E D GF GC DG
  Brasil 6 3 3 0 0 8 3 5
  Inglaterra 4 3 2 0 1 2 1 1
  Romanía 2 3 1 0 2 4 5 -1
  Cechoslovaquia 0 3 0 0 3 2 7 -5

2 de xuño, Estadio Jalisco, Guadalajara -   Inglaterra 1 - 0   Romanía

3 de xuño, Estadio Jalisco, Guadalajara -   Brasil 4 - 1   Cechoslovaquia

6 de xuño, Estadio Jalisco, Guadalajara -   Romanía 2 - 1   Cechoslovaquia

7 de xuño, Estadio Jalisco, Guadalajara -   Brasil 1 - 0   Inglaterra

10 de xuño, Estadio Jalisco, Guadalajara -   Brasil 3 - 2   Romanía

14 de xuño, Estadio Jalisco, Guadalajara -   Inglaterra 1 - 0   Cechoslovaquia

Grupo DEditar

Equipo Pts Pld V E D GF GC DG
  Alemaña Occidental 6 3 3 0 0 10 4 6
  Perú 4 3 2 0 1 7 5 2
  Bulgaria 1 3 1 0 2 5 9 -4
  Marrocos 1 3 0 1 2 2 6 -4

2 de xuño, Estadio Guanajuato, León -   Perú 3 - 2   Bulgaria

3 de xuño, Estadio Guanajuato, León -   Alemaña Occidental 2 - 1   Marrocos

6 de xuño, Estadio Guanajuato, León -   Perú 3 - 0   Marrocos

7 de xuño, Estadio Guanajuato, León -   Alemaña Occidental 5 - 2   Bulgaria

10 de xuño, Estadio Guanajuato, León -   Alemaña Occidental 3 - 1   Perú

11 de xuño, Estadio Guanajuato, León -   Marrocos 1 - 1   Bulgaria

Cuartos de finalEditar

SemifinaisEditar

3º e 4º postoEditar

FinalEditar

21 de xuño, Estadio Azteca, México D.F. -   Brasil 4 - 1   Italia

Espectadores: 107,412

Arbitro: Rudolf Glöckner (R.D.A.)

Goles: Pelé (BRA) 18', Boninsegna (ITA) 37', Gérson (BRA) 66', Jairzinho (BRA) 71', Carlos Alberto (BRA) 86'.