Selección de fútbol de Romanía
A selección de fútbol de Romanía é o equipo que representa a Romanía nas competicións internacionais oficiais de fútbol. A súa organización está a cargo da Federaţia Română de Fotbal (do romanés: Federación Romanesa de Fútbol), pertencente á UEFA. A selección é alcumada habitualmente como "Tricolorii" ou "os tricolores", por mor das cores do seu equipamento.
Romanía | |||
---|---|---|---|
| |||
| |||
Asociación | Federaţia Română de Fotbal | ||
Confederación | UEFA (Europa) | ||
Código FIFA | ROU | ||
Alcume | Tricolorii (Tricolores) | ||
Clasificación FIFA | 37 (11 de xuño de 2020) | ||
Clasificación ConIFA | {{{Ranking ConIFA}}} | ||
Seleccionador | Mirel Rădoi | ||
Máis encontros | Dorinel Munteanu (134) | ||
Máximo goleador | Gheorghe Hagi Adrian Mutu (35) | ||
Estrea internacional Iugoslavia 1 − 2 Romanía Belgrado, Iugoslavia; 8 de xuño de 1922 | |||
Maior vitoria Romanía 9 − 0 Finlandia Bucarest, Romanía; 14 de outubro de 1973 | |||
Maior derrota Hungría 9 − 0 Romanía Budapest, Hungría; 6 de xuño de 1948 | |||
Copa do Mundo | |||
Participacións | 7 (primeira en 1930) | ||
Mellor resultado | Cuartos de final (1994) | ||
Eurocopa | |||
Participacións | 5 (primeira en 1984) | ||
Mellor resultado | Cuartos de final (2000) |
Romanía é un dos catro países, xunto a Bélxica, o Brasil e Francia, que participou no primeiras tres edicións da Copa do Mundo de Fútbol, as únicas disputadas antes da interrupción do fútbol pola segunda guerra mundial. No mundial de fútbol dos Estados Unidos de 1994, liderados por Gheorghe Hagi, conseguiron a súa mellor clasificación nun Mundial ao acadar os cuartos de final, tras derrotar a un dos candidatos, Arxentina por 3-2. Con todo, os tiros de penalti ante Suecia impediron que os romaneses chegar situarse entre os catro mellores do torneo. Na Eurocopa, a súa mellor participación foi na Euro 2000 de Béxica e os Países Baixos, chegando tamén a cuartos de final, onde perderon por 2-0 ante Italia.
Historia
editarA selección romanesa, que xougou o seu primeiro encontro o 8 de xuño de 1922 cunha vitoria por 1-2 fronte Iugoslavia, é coñecida popularmente como a Tricolorii ou a tricolor, debido aos seu equipamento que consiste nunha camisola, pantalón e medias amarelas con detalles en azul e vermello, as cores da bandeira de Romanía. Foi unha das poucas seleccións europeas presentes na Copa do Mundo FIFA de 1930. Os xogadores seleccionados para viaxar a Uruguai, país sede da Copa, foron escollidos persoalmente polo rei Carlos II, un gran seareiro do deporte.
Tamén participou nas Copas de 1934 e 1938, sendo un dos únicos catro países en facelo xunto con Bélxica, o Brasil e Francia. Volveu a disputar un Mundial no ano 1970, no que perdeu na fase de oitavos de final contra o Brasil, considerada como unha das mellores seleccións de tódolos tempos, por 3 a 2, e sendo un dos dous únicos equipos en marcar máis dun gol naquel certame contra a selección canarinha, que logo sería tricampioa. Pese ao bo resultado, tería que esperar vinte anos máis para chegar de novo a un Mundial: o de Italia 1990.
Catro anos despois, no mundial de 1994 dos Estados Unidos, obtivo súa mellor clasificación ocupando a sexta posición, tras eliminar a favorita Arxentina por 3 a 2 nos oitavos de final. Posteriormente caería nos cuartos, na rolda de penaltis, diante da selección de Suecia. O partido estivo cheo de reviravoltas: suecia anotaba o 1 a 0 no minuto 78 de partido, e a piques de rematar o encontro Răducioiu empataría levando o partido á prórroga. Na mesma non tardaría en anotar de novo Răducioiu para poñer aos romaneses con vantaxe de 2 a 1, masi a cinco minutos do final Andersson empataría o partido de novo. Xa na rolda de penaltis Romanía chegou a ir con vantaxe, mais un fallo de Belodedici no sexto lanzamento deixabaos fóra.
En 1998, Romanía chegou á segunda fase, sendo eliminada por Croacia nos oitavos de final por 0 a 1. Con todo, os romaneses foron responsábeis dun dos actos curiosos do Mundial: tras conseguir pasar a primeira fase, tódolos xogadores tinguíronse o cabelo de loiro. Nesta grande etapa que a selección viviu nos anos 90, os seus grandes nomes foron Florin Răducioiu, o xitano Marius Lăcătuş, Ilie Dumitrescu, Gheorghe Popescu, Dan Petrescu, Miodrag Belodedici, Adrian Ilie e o principal deles, Gheorghe Hagi. Na Eurocopa, a súa mellor participación foi na de Bélxica e os Países Baixos 2000, cando acadou o sétimo lugar.
Resultados
editar
Copa Mundial de Fútboleditar
|
Eurocopaeditar
|
Xogadores
editar
Máis partidos disputadoseditar
|
Máximos goleadoreseditar
|
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Selección de fútbol de Romanía |