Mundial de Fútbol de 1970

(Redirixido desde "Mundial de Fútbol México 1970")

O Mundial de Fútbol de 1970 foi a novena edición do campionato do mundo de seleccións internacionais de fútbol, a Copa do Mundo da FIFA. O torneo celebrouse entre o 31 de maio e o 21 de xuño en México, sendo esta a primeira edición do torneo con sede en América do Norte, así como a primeira fóra de Europa e América do Sur. Na fase de clasificación para o torneo, que comezou en maio de 1968, participaron seleccións representando a 75 países de seis continentes. Deste proceso saíron catorce equipos que se uniron á anfitrioa México e aos defensores do título Inglaterra. As seleccións debutantes neste torneo foron Israel, Marrocos e O Salvador.

Copa do Mundo de Fútbol 1970
Copa Mundial de Fútbol México 70
1970 FIFA World Cup logo.png
Detalles do torneo
Organizador Flag of Mexico.svg México
Datas 31 de maio21 de xuño
Equipos 16 (de 75 participantes)
Sedes 5 (de 5 cidades)
Resultado
Campión Brasil Brasil
Subcampión Italia Italia
Terceiro República Federal Alemá Alemaña Federal
Cuarto Uruguai Uruguai
Estatísticas
Partidos 32
Goles 95 (2,97 por partido)
Asistencia 1.604.065 (50.127 por partido)
Goleador República Federal Alemá Gerd Müller (10)
Mellor xogador
Mellor promesa Perú Teófilo Cubillas
Mellor porteiro
Xogo limpo Perú Perú
◄◄ Inglaterra 1966
1974 República Federal Alemá ►►

O campión do torneo foi o equipo do Brasil, o cal venceu na final celebrada no Estadio Azteca de Cidade de México á selección italiana por 4−1. Esta vitoria supuxo o terceiro título para os brasileiros, o que lles permitiu ficar co Trofeo Jules Rimet en propiedade. Isto supuxo que para a seguinte edición, en 1974, a FIFA introducise un novo trofeo. Esta selección do Brasil, que contaba con xogadores como Pelé, Gérson, Jairzinho, Rivellino ou Tostão, esta considerada como unha das mellores en teren participado do Mundial.[1] De feito, os brasileiros conseguiron gañar todos os seus encontros tanto da fase de clasificación como da fase final.

Pese aos problemas derivados da altitude e as altas temperaturas,[2] o torneo destacou polo seu fútbol ofensivo e a cantidade de goles marcados, sendo a media de goles por encontro deste torneo a máis alta de toda a historia. Cos avances en comunicacións por satélite, este torneo supuxo un récord de audiencia televisiva, sendo os encontros retransmitidos en directo para todo o mundo, algúns deles incluso en cor por vez primeira.[3][4]

AntecedentesEditar

De acordo aos criterios de rotación continental, despois da celbración da edición de 1966 en Inglaterra, o torneo de 1970 debía ser organizado por un país americano. Os candidatos foron méxico, que presentaba candidatura por vez primeira, e a Arxentina, na cal era a súa cuarta tentativa (previamente tentara organizar os campionatos de 1934, 1942 e 1962). Outras candidaturas foron presentadas, mais abandoaron antes da votación. A candidatura de México supuxo unha grande controversia debido a que o país xa fora escollido en 1963 sede dos Xogos Olímpicos de 1968. A FIFA xunto co Comité Olímpico Internacional, analizaron se organizar dúas competicións da devandita magnitude nun lapso de dous anos non sería prexudicial para a organización dos seus respectivos eventos. Con todo, o máximo organismo do fútbol chegou á conclusión de que a infraestrutura que se herdaría da Olimpíada sería beneneficiosa para a organización do mundial. Este feito, xunto coa maqueta do Estadio Azteca e maior estabilidade política do país norteamericano nese momento inclinaron a balanza ao seu favor, converténdose o 8 de outubro de 1964 no primeiro país en organizar uns Xogos Olímpicos e unha Copa do Mundo de Fútbol de forma consecutiva.

Resultados da votación
País Votos
  México
56
  Arxentina
32

Renunciaron antes da votación Australia, Colombia, o Perú e o Xapón.

ClasificaciónEditar

 
O Telstar foi balón oficial do torneo.

Na fase de clasificación para o Mundial foron inscritos setenta e cinco equipos, cinco dos cales retiráronse antes do comezo. Descontando os clasificados automáticos, México e Inglaterra, organizador e campión defensor, respectivamente, participaron sesenta e oito equipos, disputando 170 partidos e anotando 542 goles. A diferenza do torneo anterior, os equipos africanos recibiron por vez primeira unha praza directa na fase final (Exipto se clasificara en 1934 debido ao retiro dos seus adversarios). Esta praza foi conseguida por Marrocos. De igual forma, unha praza foi entregada ao gañador da clasificatoria de Asia e Oceanía, na que participou de maneira extraordinaria Rhodesia, excluída da CAF. Finalmente, clasificouse Israel tras vencer a Australia.

Europa contaba con oito prazas alén da de Inglaterra. Para escoller aos equipos participantes dividiuse aos vinte e nove candidatos en oito grupos, obtendo a clasificación o campión de cada un. No grupo 2, Checoslovaquia e Hungría empataron no primeiro lugar, polo que xogaron un encontro de desempate en campo neutral (Marsella). O partido foi gañado polos checoslovacos por 4−1, obtendo así a súa clasificación. América do Sur, por outra banda, dispoñía de tres prazas para dez equipos. Nun sistema semellante ao europeo, os equipos foron divididos en tres grupos, sendo o campión de cada un deles o que disputaría o Mundial. Cómpre destacar a ausencia da Arxentina despois de finalizar última no seu grupo. Foi esta a súa primeira ausencia despois de fallar nas eliminatorias.

América do Norte contaba cunha praza para trece equipos. O feito máis máis lembrado desta fase de clasificación da CONCACAF foi a chamada Guerra do Fútbol. Honduras e O Salvador levaban meses de tensión debido a diversas disputas de carácter económico, político, fronteirizo e migratorio. Durante a segunda fase da clasificatoria, ambos os países tiñan que se enfrontar en encontros de ida e volta para definir que equipo pasaba á terceira fase. No primeiro partido disputado en Tegucigalpa o 8 de xuño de 1969, o combinado local venceu por 1−0, pero en San Salvador, os salvadoreños lograron unha vitoria por 3−0, provocando o descontrol nos seareiros. Doce afeccionados hondureños serían asasinados pola multitude local, mentres en Honduras os inmigrantes salvadoreños foron atacados. As fronteiras foron pechadas e a tensión chegaría a niveis límites. Por outro lado, a federación de fútbol de Honduras presentou reclamacións á FIFA acusando ameazas de morte cara aos seus xogadores. Un terceiro partido de desempate disputado o 26 de xuño no Estadio Azteca, confirmaría a clasificación salvadoreña cunha vitoria por 3−2. Esta vitoria permitiulles xogar a terceira e definitiva eliminatoria. Nele conseguiron vencer a Haití, obtendo así o pase á fase final do Mundial. Con todo, a tensión entre ambos os países non finalizou, Aprovocando a invasión do exército salvadoreño a Honduras o 14 de xullo de 1969. Polo menos 2000 persoas faleceron durante o conflito bélico, que terminou seis días despois grazas á mediación da Organización de Estados Americanos.[5]

Lista de participantesEditar

Os seguintes foron os dezaseis equipos participantes nesta edición do torneo.

SedesEditar

Para a organización dos xogos do tornos, foron seleccionados cinco estadios en cinco cidades. Alén das cidades escollidas, foron propostas sedes en Hidalgo e na cidade portuaria de Veracruz.[6] Cada un dos catro grupos nos que foron dividos os participantes no torneo disputouse nunha única sede. A única excepción foi o Grupo 2, o cal se xogou entre Puebla e Toluca. Excepto o Estadio Luis Dosal, todos os campos foron construídos durante a década de 1960, xa que México se preparaba para acollar tanto a Copa do Mundo como os Xogos Olímpicos de 1968.[7]

Dos cinco estadios utilizados para os trinta e dous partidos disputados. O máis grande e máis utilizado foi o Estadio Azteca de Cidade de México, o cal albergou dez xogos. Isto inclúe a final, o partido polo terceiro e cuarto lugar e todos os encontros do Grupo 1, no cal estaba a selección mexicana. O Estadio Jalisco de Guadalaxara albergou oito encontros, incluído todos os xogos do Grupo 3 e unha semifinal. No Estadio León xogáronse sete partidos, incluíndo todos os do Grupo 4 e un de cuartos de final. Por outra banda, o Luis Dosal de Toluca acolleu catro encontro e o Cuauhtémoc Puebla tres. Este último foi o único dos cinco que non albergou ningún encontro das eliminatorias finais.

Cidade de México Guadalaxara Puebla Toluca León
Estadio Azteca Estadio Jalisco Estadio Cuauhtémoc Estadio Luis Dosal Estadio León
Capacidade: 107.247 Capacidade: 71.100 Capacidade: 35.563 Capacidade: 26.900 Capacidade: 23.609
         

Fase de gruposEditar

Grupo 1Editar

Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Dif
  Unión Soviética 5 3 2 1 0 6 1 +5
  México 5 3 2 1 0 5 0 +5
  Bélxica 2 3 1 0 2 4 5 −1
  O Salvador 0 3 0 0 3 0 9 −9


México 0 - 0 Unión Soviética 31 de maio de 1970, 12:00 – Estadio Azteca, Cidade de México
Asistencia: 107.160
Árbitro: Kurt Tschenscher (Alemaña Federal)
Informe
 
Bélxica 3 - 0 O Salvador 3 de xuño de 1970, 16:00 – Estadio Azteca, Cidade de México
Asistencia: 92.205
Árbitro: Andrei Rădulescu (Romanía)
Van Moer   12'   54'
Lambert   76' (pen.)
Informe
 


Unión Soviética 4 - 1 Bélxica 6 de xuño de 1970, 16:00 – Estadio Azteca, Cidade de México
Asistencia: 95.261
Árbitro: Rudolf Scheurer (Suíza)
Byshovets   14'   63'
Asatiani   57'
Khmelnytskyi   76'
Informe Lambert   86'
 
México 4 - 0 O Salvador 7 de xuño de 1970, 12:00 – Estadio Azteca, Cidade de México
Asistencia: 103.058
Árbitro: Ali Kandil (República Árabe Unida)
Valdivia   45'   46'
Fragoso   58'
Basaguren   83'
Informe
 


Unión Soviética 2 - 0 O Salvador 10 de xuño de 1970, 16:00 – Estadio Azteca, Cidade de México
Asistencia: 89.979
Árbitro: Rafael Hormazábal Díaz (Chile)
Byshovets   51'   74' Informe
 
México 1 - 0 Bélxica 11 de xuño de 1970, 16:00 – Estadio Azteca, Cidade de México
Asistencia: 108.192
Árbitro: Ángel Norberto Coerezza (Arxentina)
Peña   14' (pen.) Informe
 

Grupo 2Editar

Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Dif
  Italia 4 3 1 2 0 1 0 +1
  Uruguai 3 3 1 1 1 2 1 +1
  Suecia 3 3 1 1 1 2 2 0
  Israel 2 3 0 2 1 1 3 −2


Uruguai 2 - 0 Israel 2 de xuño de 1970, 16:00 – Estadio Cuauhtémoc, Puebla
Asistencia: 20.654
Árbitro: Bobby Davidson (Escocia)
Maneiro   23'
Mujica   50'
Informe
 
Italia 1 - 0 Suecia 3 de xuño de 1970, 16:00 – Estadio Luis Dosal, Toluca
Asistencia: 13.433
Árbitro: Jack Taylor (Inglaterra)
Domenghini   10' Informe
 


Uruguai 0 - 0 Italia 6 de xuño de 1970, 16:00 – Estadio Cuauhtémoc, Puebla
Asistencia: 29.968
Árbitro: Rudi Glöckner (Alemaña Democrática)
Informe
 
Suecia 1 - 1 Israel 7 de xuño de 1970, 12:00 – Estadio Luis Dosal, Toluca
Asistencia: 9.624
Árbitro: Seyoum Tarekegn (Etiopía)
Turesson   53' Informe Spiegler   56'
 


Suecia 1 - 0 Uruguai 10 de xuño de 1970, 16:00 – Estadio Cuauhtémoc, Puebla
Asistencia: 18.163
Árbitro: Henry Landauer (Estados Unidos)
Grahn   90' Informe
 
Italia 0 - 0 Israel 11 de xuño de 1970, 16:00 – Estadio Luis Dosal, Toluca
Asistencia: 9.890
Árbitro: Ayrton Vieira de Moraes (Brasil)
Byshovets   51'   74' Informe
 

Grupo 3Editar

Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Dif
  Brasil 6 3 3 0 0 8 3 +5
  Inglaterra 4 3 2 0 1 2 1 +1
  Romanía 2 3 1 0 2 4 5 −1
  Checoslovaquia 0 3 0 0 3 2 7 −5


Inglaterra 1 - 0 Romanía 2 de xuño de 1970, 16:00 – Estadio Jalisco, Guadalaxara
Asistencia: 50.560
Árbitro: Vital Loraux (Bélxica)
Hurst   65' Informe
 
Brasil 4 - 1 Checoslovaquia 3 de xuño de 1970, 16:00 – Estadio Jalisco, Guadalaxara
Asistencia: 52.897
Árbitro: Ramón Barreto (Uruguai)
Rivelino   24'
Pelé   59'
Jairzinho   61'   83'
Informe Petráš   11'
 


Romanía 2 - 1 Checoslovaquia 6 de xuño de 1970, 16:00 – Estadio Jalisco, Guadalaxara
Asistencia: 56.818
Árbitro: Diego De Leo (México)
Neagu   53'
Dumitrache   75' (pen.)
Informe Petráš   5'
 
Brasil 1 - 0 Inglaterra 7 de xuño de 1970, 12:00 – Estadio Jalisco, Guadalaxara
Asistencia: 66.843
Árbitro: Abraham Klein (Israel)
Jairzinho   59' Informe
 


Brasil 3 - 2 Romanía 10 de xuño de 1970, 16:00 – Estadio Jalisco, Guadalaxara
Asistencia: 50.804
Árbitro: Ferdinand Marschall (Austria)
Pelé   19'   67'
Jairzinho   22'
Informe Dumitrache   34'
Dembrovschi   84'
 
Inglaterra 1 - 0 Checoslovaquia 11 de xuño de 1970, 16:00 – Estadio Jalisco, Guadalaxara
Asistencia: 49.292
Árbitro: Roger Machin (Francia)
Clarke   50' (pen.) Informe
 

Grupo 4Editar

Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Dif
  Alemaña Federal 6 3 3 0 0 10 4 +6
  Perú 4 3 2 0 1 7 5 +2
  Bulgaria 1 3 0 1 2 5 9 −4
  Marrocos 1 3 0 1 2 2 6 −4


Perú 3 - 2 Bulgaria 2 de xuño de 1970, 16:00 – Estadio León, León
Asistencia: 13.765
Árbitro: Antonio Sbardella (Italia)
Gallardo   50'
Chumpitaz   55'
Cubillas   73'
Informe Dermendzhiev   13'
Bonev   49'
 
Alemaña Federal 2 - 1 Marrocos 3 de xuño de 1970, 16:00 – Estadio León, León
Asistencia: 12.942
Árbitro: Laurens van Ravens (Países Baixos)
Seeler   56'
Müller   80'
Informe Jarir   21'
 


Perú 3 - 0 Marrocos 6 de xuño de 1970, 16:00 – Estadio León, León
Asistencia: 13.537
Árbitro: Tofiq Bahramov (Unión Soviética)
Cubillas   65'   75'
Challe   67'
Informe
 
Alemaña Federal 5 - 2 Bulgaria 7 de xuño de 1970, 12:00 – Estadio León, León
Asistencia: 12.710
Árbitro: José María Ortiz de Mendíbil (España)
Libuda   20'
Müller   27'   52' (pen.)   88'
Seeler   67'
Informe Nikodimov   12'
Kolev   89'
 


Alemaña Federal 3 - 1 Perú 10 de xuño de 1970, 16:00 – Estadio León, León
Asistencia: 17.875
Árbitro: Abel Aguilar Elizalde (México)
Müller   19'   26'   39' Informe Cubillas   44'
 
Bulgaria 1 - 1 Marrocos 11 de xuño de 1970, 16:00 – Estadio León, León
Asistencia: 12.299
Árbitro: António Ribeiro Saldanha (Portugal)
Zhechev   40' Informe Ghazouani   61'
 

EliminatoriasEditar

 
A selección do Brasil campioa do torneo.
 
Cuartos de finalSemifinaisFinal
 
          
 
Cidade de México, 14 de xuño
 
 
  Unión Soviética0
 
Guadalaxara, 17 de xuño
 
  Uruguai1
 
  Uruguai1
 
Guadalaxara, 14 de xuño
 
  Brasil3
 
  Brasil4
 
Cidade de México, 21 de xuño
 
  Perú2
 
  Brasil4
 
Toluca, 14 de xuño
 
  Italia1
 
  Italia4
 
Cidade de México, 17 de xuño
 
  México1
 
  Italia4
 
León, 14 de xuño
 
  Alemaña Federal3 Terceiro posto
 
  Alemaña Federal3
 
Cidade de México, 20 de xuño
 
  Inglaterra2
 
  Alemaña Federal1
 
 
  Uruguai0
 

Cuartos de finalEditar

Unión Soviética 0 - 1 Uruguai 14 de xuño de 1970, 12:00 – Estadio Azteca, Cidade de México
Asistencia: 26.085
Árbitro: Laurens van Ravens (Países Baixos)
Informe Espárrago   117'
 
Brasil 4 - 2 Perú 14 de xuño de 1970, 12:00 – Estadio Jalisco, Guadalaxara
Asistencia: 54.233
Árbitro: Vital Loraux (Bélxica)
Rivellino   11'
Tostão   15'   52'
Jairzinho   75'
Informe Gallardo   28'
Cubillas   50'
 


Italia 4 - 1 México 14 de xuño de 1970, 12:00 – Estadio Luis Dosal, Toluca
Asistencia: 26.851
Árbitro: Rudolf Scheurer (Suíza)
Guzmán   25' (p.m.)
Riva   66'   76'
Rivera   70'
Informe González   13'
 
Alemaña Federal 3 - 2 Inglaterra 14 de xuño de 1970, 12:00 – Estadio León, León
Asistencia: 23.357
Árbitro: Ángel Norberto Coerezza (Arxentina)
Beckenbauer   68'
Seeler   82'
Müller   108'
Informe Mullery   31'
Peters   49'
 

SemifinaisEditar

Uruguai 1 - 3 Brasil 17 de xuño de 1970, 16:00 – Estadio Jalisco, Guadalaxara
Asistencia: 51.261
Árbitro: José María Ortiz de Mendíbil (España)
Cubilla   19' Informe Clodoaldo   44'
Jairzinho   76'
Rivellino  89'
 
Italia 4 - 3 Alemaña Federal 17 de xuño de 1970, 16:00 – Estadio Azteca, Cidade de México
Asistencia: 102.444
Árbitro: Arturo Yamasaki (México)
Boninsegna   8'
Burgnich   98'
Riva   104'
Rivera   111'
Informe Schnellinger   90'
Müller   94'   110'
 

Terceiro postoEditar

Alemaña Federal 1 - 0 Uruguai 20 de xuño de 1970, 16:00 – Estadio Azteca, Cidade de México
Asistencia: 104.403
Árbitro: Antonio Sbardella (Italia)
Overath   26' Informe
 

FinalEditar

Brasil 4 - 1 Italia 21 de xuño de 1970, 12:00 – Estadio Azteca, Cidade de México
Asistencia: 107.412
Árbitro: Rudi Glöckner (Alemaña Democrática)
Pelé   18'
Gérson   66'
Jairzinho   71'
Carlos Alberto   86'
Informe Boninsegna   37'
 


Campión do Mundo
 
Brasil
Terceiro título

Premios e recoñecementosEditar

GoleadoresEditar

Con dez goles, Gerd Müller foi o máximo goleador do torneo. En total, foron marcados 95 goles por 55 xogadores, sendo tan só un deles considerado en propia meta.

10 goles
7 goles
5 goles
4 goles
3 goles
2 goles
1 gol
1 autogol

PremiosEditar

Clasificación retrospectivaEditar

En 1986, a FIFA publicou un informe no que facía unha clasificación das seleccións en cada Copa do Mundo.[8] A clasificación de 1970 foi a seguinte:

P Selección G X V E D GF GC DF Pts.
1   Brasil 3 6 6 0 0 19 7 +12 12
2   Italia 2 6 3 2 1 10 8 +2 8
3   Alemaña Federal 4 6 5 0 1 17 10 +7 10
4   Uruguai 2 6 2 1 3 4 5 −1 5
Eliminados en cuartos de final
5   Unión Soviética 1 4 2 1 1 6 2 +4 5
6   México 1 4 2 1 1 6 4 +2 5
7   Perú 4 4 2 0 2 9 9 0 4
8   Inglaterra 3 4 2 0 2 4 4 0 4
Eliminados na fase de grupos
9   Suecia 2 3 1 1 1 2 2 0 3
10   Bélxica 1 3 1 0 2 4 5 −1 2
  Romanía 3 3 1 0 2 4 5 −1 2
12   Israel 2 3 0 2 1 1 3 −2 2
13   Bulgaria 4 3 0 1 2 5 9 −4 1
14   Marrocos 4 3 0 1 2 2 6 −4 1
15   Checoslovaquia 3 3 0 0 3 2 7 −5 0
16   O Salvador 1 3 0 0 3 0 9 −9 0

NotasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar