Johan Cruyff
Hendrik Johannes Cruijff, coñecido como Johan Cruyff, naceu en Ámsterdan o 25 de abril de 1947 e faleceu en Barcelona o 24 de marzo de 2016[1], foi un futbolista e adestrador de fútbol neerlandés. Xogou de centrocampista ou dianteiro e no momento do seu falecemento adestraba á selección catalá.
Johan Cruyff | |||
---|---|---|---|
![]() Cruyff como adestrador de Cataluña en 2009. | |||
Información persoal | |||
Nome | Hendrik Johannes Cruijff | ||
Nacido | 25 de abril de 1947 | ||
Lugar | Ámsterdam | ||
Falecido | 24 de marzo de 2016 | ||
Lugar | Barcelona | ||
Altura | 1,80 m. | ||
Posición | Centrocampista / Dianteiro | ||
Carreira xuvenil | |||
1959–1964 | Ajax | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1964–1973 | Ajax | 240 | (190) |
1973–1978 | Barcelona | 143 | (48) |
1979–1980 | Los Angeles Aztecs | 27 | (14) |
1980–1981 | Washington Diplomats | 32 | (12) |
1981 | Levante | 10 | (2) |
1981–1983 | Ajax | 36 | (14) |
1983–1984 | Feyenoord | 33 | (11) |
Total | 520 | (291) | |
Selección nacional | |||
1966–1977 | Países Baixos | 48 | (33) |
Adestrador | |||
1985–1988 | Ajax | ||
1988–1996 | Barcelona | ||
2009–2016 | Cataluña | ||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
TraxectoriaEditar
Johan Cruyff "O fraco" foi o máximo expoñente fútbolístico dos Países Baixos dos anos 70, aquela selección coñecida como a "Laranxa mecánica". Ademais é un dos considerados mellores xogadores da historia: Di Stéfano nos anos 50, Pelé nos 60, Cruyff nos 70 e Diego Armando Maradona nos anos 80.
Á idade de 16 anos entrou no Ajax, o club co que conseguiría os seus máis grandes éxitos (3 Copas de Europa), e comezou a asombrar a todo o mundo coa súa depuradísima técnica, velocidade, visión do xogo e carácter.
No Mundial de Alemaña, en 1974 Holanda consegueu o subcampionato tras facer unha auténtica demostración de xogo en todo o torneo. Foi a única participación de Cruyff nun campionato do mundo e en certa medida unha decepción, xa que case todo o mundo daba por suposto que Holanda remataría como vencedora.
Tras pasar polo FC Barcelona, Cosmos, Levante e Feyenoord entre outros, retirouse coma xogador.
Faleceu en Barcelona vítima dun cancro de pulmón.
PalmarésEditar
- 7 Ligas holandeses co Ajax (66, 67, 68, 70, 72, 73 e 83)
- 1 Liga holandesa co Feyenoord (84)
- 1 Liga española co Barcelona (74)
- 5 Copas holandeses co Ajax (67, 70, 71, 72 e 83)
- 1 Copa holandesa co Feyenoord (84)
- 1 Copa de España co Barcelona (78)
- 3 Copas de Europa co Ajax (71, 72 e 73)
- 1 Copa Intercontinental co Ajax (72)
- 1 Supercopa de Europa co Ajax (72)
- 3 Balóns de Ouro en 1971, 73 e 74
- 1 Balon de Bronce no 1975
- Subcampión do mundo cos Países Baixos en 1974
Mención á parte merece o seu traballo coma adestrador, dándolle ós seus equipos un estilo moi similar á selección Holandesa dos anos 70. Aquí destaca unha Copa de Europa, lograda co F.C. Barcelona en 1992.
NotasEditar
- ↑ "Fallece Johan Cruyff". Sport (en castelán). 24-3-2016.