O Club Social y Deportivo Colo-Colo, ou Colo-Colo, é unha entidade deportiva adicada ó fútbol da cidade de Santiago, en Chile. Foi fundado no ano 1925 e compite na Primeira División de Chile, competición que ten gañado en 29 ocasións. Do mesmo xeito é, ata hoxe, o único equipo chileno que foi quen de acadar a Copa Libertadores, cousa que fixo en 1991. Trátase, polo tanto, do equipo máis laureado do fútbol chileno. O Colo-Colo mantén unha intensa rivalidade co CF Universidad de Chile co cal disputa o Clásico do fútbol chileno (ou Superclásico).
O Colo-Colo xoga os seus encontros como local no Estadio Monumental de Santiago de Chile, recinto que é da súa propiedade, inaugurado en 1974, e que ten unha capacidade para acoller 47.017 persoas sentadas.