Paco Gento
Francisco Gento López, coñecido como Paco Gento ou simplemente Gento, nado en Guarnizo, Cantabria, o 21 de outubro de 1933 e finado en Madrid o 18 de xaneiro de 2022,[1] foi un futbolista español que xogaba como lateral esquerdo. Xogador histórico do Real Madrid, desenvolveu case toda a súa carreira deportiva no club branco, co que xogou 600 partidos oficiais durante 18 tempadas, acadando numerosos éxitos e recoñecemento mundial.[2]
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (es) Francisco Gento López 21 de outubro de 1933 Guarnizo, El Astillero, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 18 de xaneiro de 2022 (88 anos) Madrid, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Outros nomes | La Galerna del Cantábrico | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 1,68 m | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 65 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista, adestrador de fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 22 de febreiro de 1953 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Extremo esquerdo, dianteiro e centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 11 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
xullo de 1966 | Mundial de Fútbol Inglaterra 1966 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1962 | Mundial de Fútbol Chile 1962 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Lembrado como un dos xogadores máis verticais e rápidos da súa época, no momento da súa retirada era o xogador con máis partidos disputados coa camiseta do Real Madrid e o terceiro máximo goleador da historia do club, só superado polos seus antigos compañeiros Alfredo Di Stéfano e Ferenc Puskás.[3] Foi elixido no posto 30 dos mellores futbolistas do século XX pola IFFHS, sendo o primeiro español da lista.[4]
Ostenta o récord de ser o futbolista que máis Copas de Europa gañou, con seis, e tamén o que máis títulos de liga española conseguiu, con doce.[5] A eses títulos sumou ademais a primeira edición da Copa Intercontinental, dúas Copas do Xeneralísimo e dúas Copas Latinas.
Foi internacional coa selección española en 43 ocasións, participando con esta en dúas Copas do Mundo, nas edicións de Chile 1962 e Inglaterra 1966.
Forma parte dunha ampla familia de deportistas iniciada por seu pai, xogador da Cultural de Guarnizo. Seus irmáns, Julio e Toñín chegaron a xogar ambos na Primeira División, e estiveron vencellados durante anos ao Racing de Santander. Toñín compartiu vestiario con Paco no Real Madrid na tempada 1961/62 e os tres xogaron xuntos por única vez nun partido amigable contra o FC Zürich no ano 1959. A saga familiar continuou cos seus sobriños futbolistas Julio e Paco Llorente,[6] e os xogadores de baloncesto José Luis e Toñín Llorente, todos eles vencellados ás distintas seccións deportivas do Real Madrid. Unha cuarta xeración de deportistas da familia Gento-Llorente está formada polo futbolista Marcos Llorente e os xogadores de baloncesto Sergio Llorente e Juan Llorente.
Traxectoria
editarComezos en Cantabria
editarNaceu en 1933 na localidade cántabra de Guarnizo, pertencente ao concello de El Astillero. Fillo dun condutor de camión, deixou o colexio aos catorce anos para axudar ao seu pai e coidar das vacas que tiñan nunha pequena explotación. Comezou a xogar aos 15 anos, na SD Nueva Montaña, club no que compaxinou o fútbol co atletismo, grazas ao cal adquiriu a velocidade que o fixo famoso máis tarde.[2]
Posteriormente pasou a xogar na primeira categoría rexional de Cantabria, ao fichar pola Unión Club de El Astillero, e debutou na Terceira División co Rayo Cantabria, que daquela exercía as funcións de equipo filial do Racing de Santander.[7] O 22 de febreiro de 1953 debutou na Primeira División, nun partido contra o Barcelona nos antigo Campos de Sport. Marcou o seu primeiro gol na máxima categoría tres xornadas despois contra a Real Sociedad. Disputou un total de 10 encontros de liga e 4 da Copa do Xeneralísimo, marcando 3 goles.
Esplendor no Real Madrid
editarPara a tempada 1953/54 fichou polo Real Madrid, que estaba presidido por Santiago Bernabéu,[7][2] e militou no club branco durante os seguintes 18 anos.
Co equipo madridista acadou doce campionatos de liga, o primeiro deles na súa primeira tempada, e que foi o primeiro que gañaba o club en 20 anos.[7] Formou parte da que foi considerada unha das mellores dianteiras de todos os tempos, xunto co húngaro Ferenc Puskás, o francés Raymond Kopa e os hispano-arxentinos Alfredo Di Stéfano e Héctor Rial, cos que logrou cinco Copas de Europa consecutivas, nas cinco primeiras edicións do torneo. Gañou tamén a edición 1965/66, converténdose no único xogador da historia en gañar seis Copas de Europa.[8]
Tamén sumou dous títulos da Copa do Xeneralísimo, ademais de coroarse como campión do mundo na primeira edición da Copa Intercontinental, onde marcou un dos goles na vitoria por un global de 5-1 ante o Peñarol do Uruguai.[9] É o futbolista que máis títulos acumula na historia do Real Madrid.[2]
Selección nacional
editarXogou 43 partidos coa selección española, coa que debutou o 18 de maio de 1955 nun amigable ante a selección de Inglaterra no estadio Santiago Bernabéu de Madrid, que rematou con empate 1-1. Disputou o Mundial de 1966 en Inglaterra, xogando os tres encontros da selección española, que quedou eliminada na fase de grupos.
O seu último partido internacional disputouno con case 36 anos, cando foi convocado por László Kubala para un partido contra Finlandia en La Línea de la Concepción, correspondente á clasificación para o Mundial de México 1970. Naquel momento era o segundo futbolista que máis veces vestira a camiseta española, quedando preto do récord absoluto, que posuía o gardameta Ricardo Zamora, con 46.[10]
Como adestrador
editarTrala súa retirada comezou unha carreira como adestrador, obtendo como máximo logro o ascenso á Segunda División co Palencia.
Recoñecementos
editarEn 1996 o Goberno de Cantabria concedeulle a Medalla de Ouro ao Mérito no Deporte Cántabro. Ademais, foi fillo predilecto de El Astillero, onde se lle dedicou o nome dunha rúa. Tamén recibiu dúas Medallas de Ouro ao Mérito Deportivo, a Cruz de Isabel La Católica, a Medalla Cisneros do Concello de Madrid e as Insignias de Ouro e Brillantes do Racing de Santander e do Real Madrid.[7]
Palmarés
editar- Real Madrid
- Primeira División (12): 1953/54, 1954/55, 1956/57, 1957/58, 1960/61, 1961/62, 1962/63, 1963/64, 1964/65, 1966/67, 1967/68, 1968/69.
- Copa do Xeneralísimo (2): 1961/62, 1969/70.
- Copa de Europa (6): 1955/56, 1956/57, 1957/58, 1958/59, 1959/60, 1965/66.
- Copa Intercontinental (1): 1960.
- Pequena Copa de Mundo de Clubs (1): 1956.
- Copa Latina (2): 1955, 1957.
Notas
editar- ↑ "Muere Gento, ‘La Galerna del Cantábrico’" (en castelán). 2022-01-18. Consultado o 2022-01-19.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 "El único jugador con seis Copas de Europa". Real Madrid Club de Fútbol (en castelán). Consultado o 17 de febreiro de 2022.
- ↑ Página oficial de la UEFA (ed.). "The greatest teams of all time: Real Madrid 1956-60" (en inglés). Consultado o 18 de marzo de 2018.
- ↑ "IFFHS' Century Elections". rsssf.com (en inglés). Consultado o 17 de febreiro de 2022.
- ↑ "Gento revive sus Copas de Europa". UEFA (en castelán). Consultado o 17 de febreiro de 2022.
- ↑ Cero a Cero. "Ficha de futbolista (Paco Gento)". Consultado o 9 de novembro de 2012.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 7,3 "Datos de Paco Gento". Racing de Santander (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2012. Consultado o 17 de febreiro de 2022.
- ↑ Siguero, Santiago (4 de decembro de 2007). "Paco Gento, el récord viviente" (en castelán). Consultado o 17 de febreiro de 2022.
- ↑ "Copa Intercontinental de 1960". rsssf.com (en inglés). Consultado o 17 de febreiro de 2022.
- ↑ Relaño, Alfredo (3 de setembro de 2017). "Gento, el caso Villa de los sesenta". El País (en castelán). Consultado o 17 de febreiro de 2022.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Paco Gento |
- Datos do xogador no sitio web do Real Madrid (en castelán).
- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán).
- Datos do xogador Arquivado 17 de febreiro de 2022 en Wayback Machine. no sitio web da selección española (en castelán).