Boqueixón
Coordenadas: 42°49′31″N 08°24′57″O / 42.82528, -8.41583
Boqueixón é un concello da provincia da Coruña, pertence á comarca de Santiago.
Boqueixón | |
---|---|
Casa do Concello | |
Situación | |
Xentilicio[1] | boqueixonés/boqueixonesa |
Xeografía | |
Provincia | Provincia da Coruña |
Comarca | Comarca de Santiago |
Poboación | 4.188 hab. (2022)[2][3] |
Área | 73,2 km²[3] |
Densidade | 57,21 hab./km² |
Entidades de poboación | 14 parroquias[4] |
Capital do concello | O Forte |
Política (2019[5]) | |
Alcalde | Manuel Fernández Munín (PPdeG[6]) |
Concelleiros | PPdeG: 7 Outros: VB 4 |
Eleccións municipais en Boqueixón | |
Uso do galego[7] (2011) | |
Galegofalantes | 91,51% |
Na rede | |
boqueixon.gal | |
[ editar datos en Wikidata ] |
DemografíaEditar
Segundo o padrón municipal (INE 2014) conta con 4.342 habitantes (4.462 no 2009, 4.437 no 2007, 4.406 no 2006, 4.378 no 2005, 4.337 no 2004, 4.263 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é boqueixonés[8].
Censo total 2014 | 4.342 habitantes |
---|---|
Menores de 15 anos | 532 (12.25 %) |
Entre 15 e 64 anos | 2.799 (64.46 %) |
Maiores de 65 anos | 1.011 (23.28 %) |

Evolución da poboación de Boqueixón Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 |
4.232 | 4.432 | 5.062 | 5.511 | 4.337 | 4.417 | {{{13}}} | {{{14}}} | {{{15}}} | {{{16}}} | {{{17}}} | ||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
XeografíaEditar
O concello de Boqueixón ten 73,2 km², e está situado na vertente dereita do río Ulla, nun sector do curso medio. Limita ao norte con Santiago de Compostela, ao leste co Pino, Touro e Vila de Cruces, ao sur con Silleda e A Estrada e ao oeste con Vedra. Forma parte do espazo morfolóxico estendido entre a Dorsal galega cara ao océano Atlántico, coa forma dun peneplano arrasado que descende suavemente de altitude.
Ten unha topografía suave, agás na zona oeste, onde ten formas máis abruptas e empinadas. Neste sector está o monte Castelo (498 m), e no sur está o Pico Sacro (534 m). As menores altitudes están na zona sueste, na parroquia de Ponte Ledesma, a 60 m.
HistoriaEditar
Idade Media
Conta a Historia Compostelá escrita no século XII que Xelmírez tiña aquí un castelo no que tivo lugar unha das avinzas entre Dona Urraca e o seu fillo Alfonso VII[9]. En 1473 o Arcebispo Alonso de Fonseca mandou reconstruíla fortaleza, que parece ser fora destruída durante a revolta dos Irmandiños; para iso aproveitáronse os materiais do castelo da Rocha -ás portas de Santiago- e do mosteiro de San Sebastián -alí mesmo no Pico Sacro- do que só se salvou parte da capela. A intención de Alonso de Fonseca era contrarrestar o poder que desde a súa Torre de Cira alén do Ulla, exercía o Conde de Altamira.
Idade Contemporánea
O Concello de Boqueixón foi creado en 1836. En 1820 propúxose integrar as parroquias do actual concello no partido xudicial de Santa María a Maior e Real de Sar, e á súa vez distribuídas entre os concellos de Sar, Vilar, Santa Cruz de Rivadulla, Vedra e Touro. Porén, a proposta foi desestimada en 1821, suprimíndose o Partido e o Concello de Sar. Este último foi substituído polo de Santa Eulalia de Vigo, que agrupou a maioría das parroquias do Boqueixón actual xunto co de Vilar. Esta organización só durou ata 1823. En 1836 a Deputación Provincial da Coruña propuxo a división municipal para o Partido Xudicial de Santiago, figurando o concello de Boqueixón con quince parroquias (as catorce actuais máis Marrozos, que se uniu en pouco tempo ao desaparecido concello de Conxo).
Patrimonio RelixiosoEditar
Igrexa de San Lourenzo da Granxa[10]. Construída no século XI. Posúe muros recebados e encalados deixando ao descuberto os perpiaños graníticos da fachada e os que enmarcan portas, xanelas e esquinas. Cuberta a dúas augas con tellado de tella. No seu interior ten retablos con imaxes e unha columna-sepulcro de reliquias de fins do s. IX- principios do s. X.. Foi construída por mandato do bispo Sisnando[11] e pertenceu ao mosteiro de San Sebastián do Pico Sacro.
Capela de San Sebastián[12]. Capela de planta rectangular con tellado a dúas augas que se levanta na ladeira sur do Pico Sacro e que foi reformada nos séculos XX e XIX. Entrada porticada sobre catro columnas asentadas sobre un muro de perpiaño que sosteñen un armazón de tellado a tres augas. Consérvase o altar do presbiterio pertencente a antiga construción do século XII. Na capela maior románica consérvanse un par de columnas que responden ao estilo mateano e que serven de apoio ao arco triunfal. A capela é o último vestixio do mosteiro de San Sebastián que o bispo Sisnando I mandou construír no século IX, concretamente no ano 911. A situación do mosteiro no cume do monte, e nun lugar moi agreste, facía imposible o cultivo da terra polo cal o mesmo bispo fixo contruír unha granxa no primeiro lugar fértil preto do mosteiro, para que os monxes puideran cultivar a terra, feito que deu o nome a parroquia da Granxa. Pasado o tempo xunto a esas construcións fíxose unha capela dedicada a San Lourenzo e que sería despois a igrexa parroquial, situada a 500 m. en liña recta ao leste desta capela no cumio do Pico Sacro.
Festas e celebraciónsEditar
- Na parroquia de Lestedo celébrase a festa da filloa de Lestedo.
Galería de imaxesEditar
- Artigo principal: Galería de imaxes de Boqueixón.
ParroquiasEditar
Lugares de BoqueixónEditar
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Boqueixón vexa: Lugares de Boqueixón.
NotasEditar
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "Boqueixón".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
- ↑ Resultados das eleccións municipais de 2019
- ↑ Concello de Boqueixón na FEGAMP
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
- ↑ Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 43. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7
- ↑ "Historia de las Tierras de Boqueixón" (PDF). SIOTUGA. Consultado o 11/05/2023.
- ↑ "Igrexa de San Lourenzo da Granxa". Turismo de Galicia. Consultado o 11/05/2023.
- ↑ "Parroquias do concello". Concello de Boqueixón. Consultado o 11/5/2023.
- ↑ "Capela de San Sebastián". Patrimonio Galego. Consultado o 11/05/2023.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Boqueixón |
Ligazóns externasEditar
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |