Manuel Fernández Munín

político galego

Manuel Fernández Munín, nado en Boqueixón, é un economista e político galego do PPdeG.

Modelo:BiografíaManuel Fernández Munín
Biografía
NacementoBoqueixón, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Boqueixón
2016 – 2023
← Ovidio RodeiroOvidio Rodeiro → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, economista Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Economista, ten unha xestoría en Santiago de Compostela. Foi presidente dunha asociación de pais de alumnos. Foi de número dous na candidatura do PPdeG en Boqueixón para as eleccións municipais de 2015 e foi elixido concelleiro e primeiro tenente de alcalde. A finais do 2016, logo da renuncia á alcaldía de Ovidio Rodeiro Tato para pasar a ser Delegado Territorial da Xunta de Galicia na provincia da Coruña, foi elixido alcalde.[1] Nas eleccións municipais de 2019 volveu acadar a alcaldía logrando maioría absoluta.

Renunciou a presentarse como candidato á reelección nas eleccións municipais de 2023, sendo substituído como cabeza de lista polo seu antecesor Ovidio Rodeiro Tato,[2] o cal regresou á alcaldía con maioría absoluta.

  1. "Munín pide colaboración y anuncia consenso como alcalde de Boqueixón". La Voz de Galicia (en castelán). 2016-12-08. Consultado o 2023-06-24. 
  2. "Ovidio Rodeiro vuelve a la política local como candidato del PP de Boqueixón". La Voz de Galicia (en castelán). 2023-01-30. Consultado o 2023-06-24. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar


Predecesor:
Ovidio Rodeiro
  
Alcalde de Boqueixón
 
2016 - 2023
Sucesor:
Ovidio Rodeiro