Ovidio Rodeiro

político galego

Ovidio Rodeiro Tato, nado en Boqueixón en 1972, é un político galego do PPdeG.

Infotaula de personaOvidio Rodeiro

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1972 Editar o valor em Wikidata (51/52 anos)
Boqueixón, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde
Deputado do Parlamento de Galicia
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Diplomado en Maxisterio, foi concelleiro en Boqueixón dende 1999 ata 2009 baixo o mandato de Adolfo Gacio, sendo primeiro tenente de alcalde dende 2003 e ocupando diversas áreas de goberno durante eses anos como Cultura e Deportes ou Obras e Urbanismo.[1] En 2009 foi nomeado Director Xeral de Xuventude e do Voluntariado da Xunta de Galicia, cargo no que se mantivo ata o 2015, cando encabezou a candidatura do PPdeG en Boqueixón para as eleccións municipais e foi elixido alcalde con maioría absoluta.

A finais do 2016 renunciou á alcaldía de para pasar a ser Delegado Territorial da Xunta de Galicia na provincia da Coruña,[2] manténdose no cargo ata as Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020, nas cales foi elixido deputado. Encabezou a candidatura do PPdeG en Boqueixón nas municipais de 2023[3] e volveu a ser elixido alcalde con maioría absoluta, polo cal tivo que renunciar como deputado.[4]

Notas editar

  1. "Biografía na web do Parlamento de Galicia". Arquivado dende o orixinal o 03 de xuño de 2023. Consultado o 02 de maio de 2023. 
  2. Araújo, Emma (8 de decembro de 2016). "Munín pide colaboración e anuncia consenso como alcalde de Boqueixón". lavozdegalicia.es. Consultado o 24 de xuño de 2023. 
  3. Araújo, Emma (30 de xaneiro de 2023). "Ovidio Rodeiro vuelve a la política local como candidato del PP de Boqueixón". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 24 de xuño de 2023. 
  4. Gago, Xosé; Placer, Laura (18 de xuño de 2023). "El PSdeG gobernará sobre 1,2 millones de gallegos, el PP a 667.000, y el BNG a 360.000". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 6 de outubro de 2023. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar


Predecesor:
Jesús Sanjuás Mera
  
Alcalde de Boqueixón
 
2015 - 2016
Sucesor:
Manuel Fernández Munín
Predecesor:
Manuel Fernández Munín
  
Alcalde de Boqueixón
 
2023 - actualidade
Sucesor:
no cargo