Codeso, Boqueixón
parroquia civil do concello de Boqueixón
Santaia de Codeso[1] é unha parroquia que se localiza no centro do concello coruñés de Boqueixón, na comarca de Santiago. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 353 habitantes (175 homes e 178 mulleres) distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 322 habitantes.
Codeso | |
---|---|
Igrexa de Codeso | |
Concello | Boqueixón[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 42°47′54″N 8°24′21″O / 42.7982, -8.4057Coordenadas: 42°47′54″N 8°24′21″O / 42.7982, -8.4057 |
Poboación | 353 hab. (2013) |
Entidades de poboación | 2[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
O topónimo fai referencia ao codeso, un tipo de arbusto.
Nesta parroquia naceu e foi soterrado o político Xosé Antón Orza (1941–2012).
Lugares e parroquias
editarLugares de Codeso
editarLugares da parroquia de Codeso no concello de Boqueixón (A Coruña) | |
---|---|
Ardesende | Casalbieito | Casaldesuso | A Devesa | Engas | A Granxola | O Outeiro | A Pichina | A Raíña | Santaia |