Abrir o menú principal

Ledesma, Boqueixón

parroquia civil do concello de Boqueixón

San Salvador de Ledesma é unha parroquia do concello coruñés de Boqueixón, na comarca de Santiago. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 282 habitantes (132 homes e 150 mulleres), distribuídos en 8 entidades de poboación.

Ledesma
Capela de San Ramón de Ledesma, Boqueixón.jpg
Capela de San Ramón de Ledesma.
ConcelloBoqueixón
Poboación282 hab. (2013)
Entidades de poboación8

É un lugar de especial encanto pola presenza dun río Ulla que, nesta parroquia, se divide en múltiplos brazos formando vizosos illotes de doado acceso. Visita recomendable para fuxir da aceleración urbana (a 25 minutos de Santiago).

A ponte medieval (máis que romana) que lle dá nome ó lugar de Ponteledesma (ou A Ponte) está pechada ao tráfico rodado (agás motos) dende comezos do 2001 mediante uns fitos de pedra.

Illas de GresEditar

No río hai catro insuas. Ademais das pontes (unha moderna e outra medieval) que cruzan o río, tamén se pode cambiar de banda do río a través das propias insuas. Dende a banda sur, onde está un dos bares máis frecuentados pola mocidade local, pódese chegar á insua máis grande, onde ademais está o campo da festa. A superficie desta insua está limpa de mato, agás nas beiras do río, onde se permitiron medrar as árbores e herba grosa. Ademais das instalacións montadas para as festas locais, esta insua conta cun palco permanente de cemento e tamén dunha escultura en honor do escritor Xosé Neira Vilas, natural de Gres, Vila de Cruces. Río arriba están as outras insuíñas, ás que se pode acceder dende esta primeira, sendo a última a chamada "Insua dos namorados" (por estaren máis recollidas), así coma tamén á outra banda do río grazas a uns pasais no medio da auga. Estas insuelas forman parte da cultura recreativa da poboación de Ponteledesma e de Gres, pois aí xúntanse os mozos e mozas para se bañaren en verán.

Existe unha discusión permanente sobre a propiedade administrativa das insuas: uns veciños din que son de Gres, na provincia de Pontevedra, mentres que outros reclámana para Ponteledesma, da Coruña. O único claro é que as dúas vilas forman unha continuidade habitada onde o único criterio para distinguir partes nela é o da división do río, tan artificiosa coma relativa, pois os veciños das dúas bandas do río se relacionan sen máis problemas.

Galería de ImaxesEditar

NotasEditar

Lugares e parroquiasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar