Illas de Gres

insuas no río Ulla entre Gres (Vila de Cruces) e Ledesma (Boqueixón)

As Illas de Gres ou Insuas de Gres constitúen unha paraxe natural formada por seis insuas naturais localizadas no río Ulla entre as parroquia de Gres (no concello de Vila de Cruces) e Ledesma (no concello de Boqueixón), entre as provincias da Coruña e Pontevedra.

Illas de Gres
Ponte entre as insuas do Ulla entre Gres e Ponte Ledesma. Galiza.jpg
Ponte entre dúas das insuas
Illas de Gres en A Coruña
Illas de Gres
Illas de Gres
Localización no mapa provincial.
Situación
PaísGaliza Galiza
ConcelloVila de Cruces - Boqueixón
ProvinciaPontevedra - A Coruña
MarRío Ulla
Coordenadas42°47′40.25″N 8°20′6.9″O / 42.7945139, -8.335250
Xeografía
XeoloxíaLacustre

DescriciónEditar

Cinco delas, as illas de San Ramón, dos Namorados, da Palleta, de Pachín e da Praia, están unidas entre si por pontellas que permiten o paso aos visitantes e cruzar o río a través duns pasais. A insua de San Ramón está limpa de mato e nela están instalados o campo da festa rodeado de árbores á beira da auga, un palco de cemento e unha escultura homenaxeando ó escritor de Gres Xosé Neira Vilas. Río arriba e pasando de insua en insua pódese chegar á insua dos Namorados, chamada así por estar máis recollida.

Todas as insuas están poboadas de carballos centenarios, ademais doutras moitas especies propias das zonas húmidas: ameneiros, freixos, sabugueiros, loureiros e outros vexetais diversos, como por exemplo os picamulos (xilbarbeira), acivros, abrótegas, prímulas e, no outono, cogomelos.