Abrótega

especie de planta

A abrótega[1], abrótea ou gamota (Asphodelus albus) é unha planta perenne da familia das liliáceas, moi empregada como planta de xardín, nativa do centro sur de Europa. Pode chegar ata o metro de altura, aínda que habitualmente tan só chega a 50 cm. As follas con forma de espada nacen na base da planta; as flores vanse xuntando a medida que se ascende polo talo ata chegar á cima na que están en acios ou amoreadas.

Nas parroquias de Vilelos (O Saviñao) e Castelo (Taboada), os agucios (polo seu nome local) arríncanse durante o último mes do verán para facer fachas ás que se prende lume na derradeira semana de setembro.[2]

Asphodelus albus foi descrita por Philip Miller e publicado en Gard. Dict. ed. 8 3 1768.[3]

En Galicia foi descrita por Baltasar Merino na súa obra Flora descriptiva é ilustrada de Galicia no ano 1909.[4]

Abundante en terreos estériles e montes principalmente da costa e rexión media. Fl. a finais de primavera.
Baltasar Merino, Flora descriptiva é ilustrada de Galicia, Tomo III, páxina 7, 1909.[5]

Hábitat

editar

Medra de forma silvestre en pradeiras e chairas solleiras de España, o sur de Francia e a costa mediterránea ata os Balcáns, entre o nivel do mar e os 2.000 metros sobre o nivel do mar. Prefire chans alcalinos, e é marcadamente termófila.

Nomes vernáculos galegos

editar

Tamén recibe os nomes de abrótena, apóutiga, asfódelo, breca, gamón, gamota, herba do gando, lumbrieiro, nunú, ouropesa, ouropeso, pé de pita, pella[Cómpre referencia] e petuga.[6][7]

Galería de imaxes

editar
  1. Xusto Rodríguez Río (coordinación) (2004). Servizo de Normalización Lingüística da USC, ed. Termos esenciais de botánica (PDF). p. 18. 
  2. "Folión de Fachas de Vilelos". Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2013. Consultado o 09 de setembro de 2013. 
  3. Asphodelus albus en Trópicos
  4. Flora descriptiva é ilustrada de Galicia Arquivado 27 de abril de 2018 en Wayback Machine., Tomo III, páxina 7.
  5. Tradución do orixinal en castelán.
  6. Dicionario de sinónimos da lingua galega, Galaxia, 1997
  7. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para abrótea.

Véxase tamén

editar