Lestedo, Boqueixón

parroquia civil do concello de Boqueixón

Santa María de Lestedo é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Boqueixón, na comarca de Santiago. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 955 habitantes (475 homes e 480 mulleres) distribuídos en 11 entidades de poboación.

Lestedo
Nosa Señora de Lourdes en Lestedo.
ConcelloBoqueixón[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas42°47′55″N 8°28′11″O / 42.79873, -8.46968
Poboación955 hab. (2013)
Entidades de poboación11[1]
editar datos en Wikidata ]

Patrimonio

editar
  • Igrexa de Santa María de Lestedo, construída no século XX. Ten nave de planta de cruz latina. As ventás adquiren forma de arco apuntado. Campanario cadrado, de dous corpos rematado por unha cúpula. No seu interior hai unha cruz do primeiro terzo do século XVIII, obra de Domingo González.
  • Santuario da Nosa Señora de Lourdes, nave de planta rectangular, espadana de dobre corpo coroada por un remate triangular con pináculos laterais.

Festas

editar

Nesta parroquia celébrase a festa da filloa de Lestedo.

Galería de imaxes

editar

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Lestedo

editar
Lugares da parroquia de Lestedo no concello de Boqueixón (A Coruña)

Ardarís | Cachosenande | Cusanca | Lestedo | Milleirós | Pazos | A Picota | Ramil | Rubial | Troitomil | Vilar

Parroquias de Boqueixón

editar
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Boqueixón

Boqueixón (San Vicente) | Codeso (Santaia) | Donas (San Pedro) | Gastrar (Santa Mariña) | A Granxa (San Lourenzo) | Lamas (Santa María) | Ledesma (San Salvador) | Lestedo (Santa María) | Loureda (San Pedro) | Oural (Santa María) | Pousada (San Lourenzo) | Sergude (San Breixo) | Sucira (Santa Mariña) | Vigo (Santa Baia)

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar