Pico Sacro
Coordenadas: 42°48′25″N 8°26′56″O / 42.806904, -8.4489854
O Pico Sacro, coñecido na antigüidade como monte Ilicino, está situado no concello de Boqueixón, na parroquia da Granxa. Nel érguese unha ermida, unha cova con varias entradas e un vértice xeodésico.
LendasEditar
Na mitoloxía galega, a Raíña Lupa mandou os discípulos do apóstolo Santiago ó Pico Sacro para que construísen un sepulcro para o apóstolo, sen saber estes que no lugar estaba a cova do Inferno, e que alí vivía un dragón.
Cando o ergotismo (fogardente ou lume de San Antón) inzaba Galicia, había o costume de que os doentes fosen ó Pico Sacro e, tras facer no cume unha ofrenda dun pan, rezaban a seguinte oración:
- Pico Sagro, Pico Sagro,
- que te consagróu o bendito Sant-Iago,
- líbrame deste fogo airado,
- pola intercesión de la Virgen María,
- un Padre-nuestro e un Ave María.
Ou, simplemente: "Pico Sagro, Pico Sagro, sáname do mal que eu trago".
Risco, que supón que este ensalmo data do século XIII, fai fincapé no feito de que non se dirixe a santo ningún, senón ó monte mesmo, como se este puidese escoitar e sandar[1].
Galería de imaxesEditar
- Artigo principal: Galería de imaxes do Pico Sacro.
NotasEditar
- ↑ Vicente Risco 1962, 271-272.
Véxase taménEditar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Pico Sacro |
BibliografíaEditar
- As montañas de Galiza. A Nosa Terra, 2006. ISBN 84-8341-126-1
- RISCO, Vicente: "Cultura espritual", en Historia de Galiza tomo I, 1962 (reed. Akal 1979, 255-777).