Seabra

comarca natural no noroeste da provincia de Zamora

Seabra (na variante galega das Portelas: Xabra,[1] en castelán: Sanabria, en leonés: Senabria) é o nome dunha comarca natural situada no noroeste da provincia de Zamora. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «xabrés»[2].

Seabra
Sanabria
Comarca de Sanabria (Provincia de Zamora, España).svg
CapitalPobra de Seabra
PaísEspaña España
Comunidade autónomaCastela e León Castela e León
ProvinciaBandera de Zamora.svg Zamora
Concellos15
Poboacion6.656 hab. (2013)
Superficie1.215,89 km²
Densidade5,47 hab/km²

Localízase entre as serras de La Culebra, Segundeira e da Cabreira (Cabreira Baixa). Linda polo oeste coa provincia de Ourense (Galicia), polo norte coa comarca leonesa de Cabreira, polo leste coa comarca zamorana de La Carballeda e polo sur co distrito portugués de Braganza.

Na maior parte do territorio falouse leonés, malia que na actualidade a lingua ten pouca vitalidade na área. Na zona occidental, chamada As Portelas, comprendida entre a Portela da Canda e a Portela do Padornelo, fálase galego con bastante vitalidade, pero cunha poboación vella e en franca diminución. Tamén se fala galego nos concellos de Lubián, Pías e Porto, así como na vila de Calabor, no concello de Pedralba de la Pradería.

HistoriaEditar

 
Comarcas leonesas onde se fala asturiano.

Seabra estivo habitada por tribos ástures, do que perduran aínda castros. O nome, Senabriga, xa está rexistrado en documentación da Alta Idade Media, do cal deriva o actual Seabra. Amosa o elemento céltigo -briga "fortificación", que debeu designar algún castro concreto.

En 921 construíuse o mosteiro de San Martín de Castañeda, ou Castañeira, como se denominou na súa orixe, talvez por monxes mozárabes. En 952 o rei Ordoño III deulles os dereitos de pesca sobre o lago de Seabra. En 1103 o rei Afonso IX concedeu o Foro da Seabra. O dominio de dito mosteiro foi moi relevante na comarca ata inicios do século XIX.

Pertenceu ao Reino de Galicia polo menos ata o século XVI, cando formaba parte do ducado de Benavente.[3][4]

Logo da Guerra de Independencia de Portugal, no século XVII, ficou incorporada á comarca a localidade de Hermisende, anteriormente portuguesa, onde se fala galego.[5].

ConcellosEditar

NotasEditar

  1. Frías Conde, Francisco Xavier (2002). El gallego exterior a las fronteras administrativas (PDF). ISBN 978-84-8466-314-0. Consultado o 19 de maio de 2021. 
  2. Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 38. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7
  3. ""Cervantes nació en Sanabria"". Faro de Vigo (en castelán). 9.2.2011. Consultado o 3.11.2018. 
  4. "Hallan el original de un documento que reafirma la tesis de Cervantes gallego". Faro de Vigo (en castelán). 29.4.2011. Consultado o 3.11.2018. 
  5. Xavier Frías, "Sobre os bloques dialectais do galego: unha nova proposta. Revista de Filología Románica, núm. 14

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar