San Justo, Zamora

concello da provincia de Zamora

San Justo (San Xustu en leonés) é un concello e localidade española da provincia de provincia de Zamora na comunidade autónoma de Castela e León.[2]

San Justo, Zamora
San Xustu
Localización
PaísEspaña
ProvinciaZamora
Comunidade AutónomaCastilla y León
Xeografía
Altitude1061[1] msnm
Superficie75.20 km²
Demografía
Poboación246 (2014)
Densidade3,43
Xentiliciofanfarriones
Outros datos
Código postal49358
AlcaldeMontserrat Sastre Rionegro (PP)

Encóntrase situado na bisbarra de Seabra, ao noroeste da provincia. No seu termo municipal encóntranse as localidades de Barrio de Rábano (Barriu de Rábanu en leonés), Coso (Cousu), Rábano de Sanabria (Rábanu de Senabria), San Ciprián, Rozas (Es Rozes) e San Justo.[2]

A construción máis emblemática, non só desta localidade, senón da zona, é o Santuario da Virxe de La Alcobilla, situado nunha paraxe rodeada de máis de 200 castiñeiros centenarios e que segundo os documentos a sitúan entre os 900 e os 1.200 anos de antigüidade. En canto á poboación á que pertence a ermida: hai quen di que se encontra dentro do termo de Rábano de Sanabria e hai quen lla atribúe a San Justo.[3]

DemografíaEditar

Evolución da poboación de: San Justo, Zamora desde 1991 ata 2014
1991 1996 2001 2004 2014
366 396 341 337 246

Carácter da súa xenteEditar

As retesías continuadas cos veciños da aldea de Rábano de Sanabria levaron á bondade manifesta dos habitantes de San Justo, cedéndolles as chaves do Santuario da Alcobilla para que os enfrontamentos non chegasen a máis.

Lingua leonesaEditar

San Justo é un dos concellos onde mellor se conserva a lingua leonesa no seu dialecto senabrés ou pachuecu, especialmente na localidade de San Ciprián, cuxo dialecto asturleonés ten sido estudado por moitos lingüistas e filólogos renomeados como F. Krüger e onde aínda conserva certa vitalidade.[4]

 
Pendón de San Justo.

FestasEditar

  • Mediados de xuño: Corpus Christi
  • 9 e 10 de agosto: Santos Xusto e Pastor.
  • 15 de agosto: A nosa Señora da Asunción
  • 8 de setembro: Romaxe de Nosa Señora da Alcobilla no Santuario da Virxe de La Alcobilla, na que tamén participan os veciños das aldeas lindeiras.

NotasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar