As Portelas

subcomarca non oficial da comarca de Seabra da provincia de Zamora
As Portelas
Localización
As Portelas e Calabor
Datos
Capital Lubián
Comunidade Autónoma Castela e León
Provincia Zamora
Superficie 447,87 km²
Poboación (2018) 858 hab.
Densidade de poboación 1,91 hab./km²

As Portelas, Entre As Portelas[1] ou Alta Seabra (Alta Senabria en leonés e Alta Sanabria en castelán) é unha rexión ou subcomarca non oficial da comarca de Seabra, ao noroeste da provincia de Zamora, en Castela e León, que testa con Galicia e con Portugal, e na que historicamente se fala o galego, aínda que legalmente non está recoñecido como oficial. O xentilicio é «portelao/á»[2]

Comprende os concellos de Porto, Lubián, Pías e Hermisende. Ademais, no lugar de Calabor, pertencente ao municipio de Pedralba de la Pradería, tamén se fala o galego. As Portelas, xunto co Bierzo occidental na provincia de León e a Terra Eo-Navia en Asturias, conforma o territorio da Galicia estremeira.

En 2020, a área galegofalante da provincia de Zamora tiña 858 habitantes repartidos da seguinte maneira:

Notas editar

Véxase tamén editar