Calabor, Pedralba de la Pradería
Coordenadas: 41°57′22″N 6°43′02″O / 41.95597778, -6.71715833
Calabor é unha das cinco aldeas que forman o concello de Pedralba de la Pradería, na comarca zamorana de Seabra. Con 66 habitantes, é a única delas que pertence ao dominio lingüístico galego. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «calaborés»[1]. Estaba unido ó territorio galegofalante das Portelas mediante o sur do concello de Requeixo, que tamén era na zona sur de fala galega antes de ficar esa zona despoboada.[1]
Economía editar
A aldea de Calabor ten como fonte económica a agricultura, a gandaría, a explotación das súas augas minerais (balneario e embotelladora) e un parque eólico. Hai máis de catro décadas, Calabor era unha localidade que baseaba a súa economía nas minas de estaño que ten no seu territorio, así como no antigo balneario e embotelladora de augas de Calabor. Actualmente estase realizando un novo proxecto que fomenta a riqueza desta poboación sanabresa, o cal consiste nun novo balneario para todos aqueles turistas e viaxeiros que queiran gozar das súas augas mineiro-medicinais.
As augas
Coñecidas dende a época da dominación romana, as augas de Calabor foron explotadas dende tempo inmemorial. Ata mediados do século XX funcionou un balneario no lugar no cal chegou a aloxarse Uxía de Montijo, emperatriz dos franceses.
Notas editar
- ↑ 1,0 1,1 Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega Arquivado 04 de novembro de 2018 en Wayback Machine., páx. 38. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7
Véxase tamén editar
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |