Requeixo de Seabra
Coordenadas: 42°1′50″N 6°44′33″O / 42.03056, -6.74250
Requeixo de Seabra (Requejo de Sanabria en castelán e oficialmente e Requeixu en leonés) é un concello e localidade española da provincia de Zamora na comunidade autónoma de Castela e León.[1] O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «requeixelo»[2].
Requeixo de Seabra | |
---|---|
Localización | |
País | ![]() |
Bisbarra | Seabra |
Provincia | Zamora |
Comunidade Autónoma | ![]() |
Xeografía | |
Altitude | 998 msnm |
Superficie | 46 km² km² |
Demografía | |
Poboación | 181 hab. (INE 2012) |
Densidade | 3,92 hab./km² |
Xentilicio | requeixelo/a |
Outros datos | |
Código postal | 49394 |
Alcalde | Santiago Cerviño Silván (PP) |
Encóntrase situado na bisbarra de Seabra, ao noroeste da provincia. Destaca polo seu patrimonio monumental, paisaxístico e ambiental, en especial polo seu bosque de enormes teixos denominado Bosque do Teixedelo, situado nas proximidades da vila e que milagrosamente se salvou dos innumerables incendios que asolan esta comarca.[3]
Requeixo de Seabra foi un concello asturfalante[4] na metade norte e galegofalante na metade sur[2], mais hoxe en día a única lingua que se fala é o castelán. A metade sur, non deixou de falar o galego, senón que ficou despoboada.[2]
DemografíaEditar
Evolución da poboación de: Requeixo de Seabra desde 1991 ata 2004 | |||
1991 | 1996 | 2001 | 2004 |
264 | 230 | 188 | 164 |
Flora e faunaEditar
Ten grandes masas forestais de carballos e de xestas, destacando o Teixedelo, bosque con teixos e castiñeiros de máis de mil anos de idade. Esta declarado Lugar de importancia Comunitaria (LIC) dentro da Rede Natura 2000[5]
Galería de imaxesEditar
NotasEditar
- ↑ Requejo na páxina web da Deputación de Zamora
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Costas González, X.-H. (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Universidade de Vigo. p. 38. ISBN 978-84-8158-706-7. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de novembro de 2018. Consultado o 03 de novembro de 2018.
- ↑ "Requejo na páxina web Del norte de Castilla". Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2013. Consultado o 13 de agosto de 2013.
- ↑ A. C. Z. FURMIENTU (13 DE MARZO DE 2016). "TALLER DAS FALAS DE SENABRIA" (PDF). www.furmientu.org. Consultado o 2018.
- ↑ "laopiniondezamora.es". Arquivado dende o orixinal o 06 de abril de 2010. Consultado o 13 de agosto de 2013.