Pías, Zamora

concello da provincia de Zamora

Pías é un concello da provincia de Zamora, pertencente ás Portelas e á comarca de Seabra, en Castela e León. Integran o municipio as localidades de Barxacova, Pías e Vilanova das Frieiras[1].

Modelo:Xeografía políticaPías, Zamora
Imaxe

Localización
Mapa
 42°05′10″N 6°59′58″O / 42.086111111111, -6.9994444444444Coordenadas: 42°05′10″N 6°59′58″O / 42.086111111111, -6.9994444444444
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCastela e León
Provinciaprovincia de Zamora Editar o valor em Wikidata
CapitalPías (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación99 (2023) Editar o valor em Wikidata (2,27 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie43,68 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude1.063 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataÁngel Castro Rodríguez Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal49580 Editar o valor em Wikidata
Código INE49154 Editar o valor em Wikidata

Este concello galegofalante é considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira. É un dos poucos concellos bilingües da provincia de Zamora, pois os seus habitantes utilizan habitualmente o castelán e o galego.[2]. O xentilicio é «piarolo».[3]

Topónimo editar

Pías e o veciño Porto pertenceron á Encomenda de Castrotorafe. É citado como «un villar que uocitant Pilas» en 1154, pero xa Pias en 1198 e sucesivamente: «de Porto et de Pias quia non est de commenda de Senabria nec de Roureda» (1222), «inter Pias et Villamnouam» (1226).[4] Trátase sen dúbida da forma galega de "pía" (concavidade escavada en pedra), cuxa orixe pode ser tanto a referencia a un elemento da cultura pastoril como, máis probablemente, a un resto arqueolóxico sobranceiro, como unha sepultura antropomorfa en pedra.[5] Se non alude a unha sepultura escavada en rocha, pode ser outra a explicación. Máis probable que un bebedoiro, é a referencia a cavidades picadas nunha lancha ou rocha plana que aflora ao chan. En Paradela de Mogadouro (Portugal), dise dunha paraxe chamada Lombo das Pías que foi obra de pastores e cabreiros que as usaban como recipiente para a muxidura directa do gando durante as merendas; alí se migaba, sobre a rocha, o pan de centeo.[6] O mesmo acontecía nas Hurdes, onde tales cavidades servían para a muxidura in situ e o almacenamento de leite das cabras.[7][8]

Poboación editar

Pías posúe unha poboación moi avellentada. En 2020, a metade os veciños (50,5%) tiña máis de 65 anos. Só 3 dos 111 habitantes era menor de idade e 6,3 % do total da poboación ten menos de 30 anos.

Evolución demográfica
1991 1996 2001 2004 2010 2020
303 255 215 201 157 111

Notas editar

  1. usuarios.multimania.es/aureano/galicia_portelas.htm
  2. "Cultura de Lubián". Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2014. Consultado o 08 de agosto de 2013. 
  3. Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 58. ISBN 978-84-8158-706-7. 
  4. Casado Quintanilla, Blas (2007). Colección documental del priorato de San Marcos de León, de la Orden de Santiago (1125-1300). Fuentes y Estudios de la Historia Leonesa. León: Centro de Estudios e Investigación San Isidoro. 
  5. Riesco Chueca, Pascual (2010). "Nuevas conjeturas de toponimia zamorana". Anuario 2008 (PDF). Zamora: Instituto de Estudios Zamoranos Florián de Ocampo. pp. 359–436. 
  6. PEREIRA, Ana Maria Pires Palhas (2002) 'Paradela, Mogadouro, terra de histórias sem idade', Medisa.
  7. BARROSO GUTIÉRREZ, Félix (1993) 'Las Hurdes: visión interior'. Centro de Cultura Tradicional. Deputación de Salamanca.
  8. RIESCO CHUECA, Pascual (2000) Medio natural e poboamento na toponimia maior de Zamora, extraído' do 'Anuario 2000, Instituto de Estudos Zamoranos "Florián de Ocampo" Deputación de Zamora, páx. 449-500.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar