A Mezquita

concello da comarca de Viana, na provincia de Ourense

Coordenadas: 42°00′41″N 07°2′43″O / 42.01139, -7.04528

A Mezquita é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Viana. Segundo o Padrón municipal, en 2018 tiña 1039 habitantes (1468 en 2003).

A Mezquita
Bandeira da Mezquita
Escudo da Mezquita
Concello da Mezquita.JPG
Casa do Concello
Situacion A Mezquita.PNG
Situación
Xentilicio[1]mesquités
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca de Viana
Poboación1.005 hab. (2022)[2][3]
Área104,3 km²[3]
Densidade9,64 hab./km²
Entidades de poboación9 parroquias[4]
Política (2019[5])
AlcaldeRafael Pérez Vázquez (BNG[6])
ConcelleirosBNG: 7
PPdeG: 1
PSdeG-PSOE: 1
Eleccións municipais na Mezquita
Uso do galego[7] (2011)
Galegofalantes88,06%
Na rede
https://amezquita.gal/
editar datos en Wikidata ]

ToponimiaEditar

O seu nome ten unha orixe incerta. Para Benito Xerónimo Feijoo deriva de mesquita, un sinónimo de xibarda, en tanto para Gonzalo Navaza sería unha denominación burlesca para referirse ao lugar de San Pedro de Ecclesiola (forma medieval de Grixoa).[8]

PoboaciónEditar

Censo total 1039 (2018)
Menores de 15 anos 57 (5.49 %)
Entre 15 e 64 anos 563 (54.18 %)
Maiores de 65 anos 419 (40.33 %)
Evolución da poboación de A Mezquita   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021
3033 2635 2651 2098 1406 1865 1828 1804 1669 1655 1109 1570 1034 1039 1023 1013 1006
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

XeografíaEditar

O concello limita ao oeste coa Gudiña, ao norte con Viana do Bolo, ao nordeste e leste coa provincia de Zamora, e ao sur co distrito de Braganza (Portugal). A súa altitude media supera os 800 metros, o que dificultou historicamente un maior poboamento. Entre os seus cumios destacan os Altos de Aguallal (1664 m), Chao do Porco (1469 m), Valdeinfantes (1440 m), Portela da Canda (1262 m), o Alto de Marabón (1493 m), Castelo (1362 m), Zureira (1390 m), e a serra Esculqueira (1149 m) e o Penedo dos Tres Reinos (1.025 m), estes dous na fronteira con Portugal.

Ten un clima de montaña, moi rigoroso en inverno, con constantes xeadas e baixas temperaturas. Por esta razón a zona é coñecida como Terra das Frieiras.

HistoriaEditar

A historia da Mezquita estivo vinculada desde o megalítico á do norte de Portugal (Trás-os-Montes) e á de Seabra, cos que compartiu a cultura predominante de vida pastoril.

Durante o período romano o territorio foi administrado polo goberno do Conventus Bracarensis, con capital en Bracara Augusta (actual Braga), agás un anaco da zona noroeste do concello, baixo a administración do Conventus Asturicensis, con capital en Asturica Augusta (actual Astorga).

Na época medieval, A Mezquita foi parte das terras do Condado de Monterrei e dos Pimentel de Benavente. Xunto con Cádavos, A Esculqueira, Manzalvos, O Pereiro e Santigoso, pasou a formar parte dun señorío real do cal a vila de Vilavella foi a cabeceira. A parroquia de Chaguazoso era señorío do conde de Amarante, en tanto que a igrexa e a casa-pazo da Mezquita estaban entre as posesións dos marqueses de Láncara.

Durante a idade contemporánea a emigración afectou fortemente á zona. En Santiago de Chile hai unha colonia de descendentes de habitantes da parroquia de Chaguazoso de preto de 400 persoas.

Administración local e elecciónsEditar

O alcalde actual é Rafael Pérez Vázquez do BNG. Sucedeu a José Luis Santamarina Ferro, do PSdeG, que gobernou en coalición co BNG tralas eleccións municipais de 2007. Este sucedeu no cargo a Francisco José Montesinos Rodríguez, que estivo na alcaldía entre 1995 e 2007.

Galería de imaxesEditar

Artigo principal: Galería de imaxes da Mezquita.

ParroquiasEditar

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias da Mezquita

Cádavos (Santa María Madanela) | Castromil (Nosa Sra. da Encarnación) | Chaguazoso (Santiago) | A Esculqueira (Santa Eufemia) | Manzalvos (Santa María) | A Mezquita (San Martiño) | O Pereiro (San Pedro) | Santigoso (San Simón) | A Vilavella (Santa María da Cabeza)


Lugares da MezquitaEditar

Para unha lista completa de todos os lugares do concello da Mezquita vexa: Lugares da Mezquita.

NotasEditar

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "A Mezquita".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. Ministerio do Interior, Goberno de España (ed.). "Resultado eleccións 2019". Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2019. Consultado o 9 de xuño 2019. 
  6. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "A Mezquita". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019. 
  7. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 
  8. Real Academia Galega (Vicente Feijoo) (25/11/2021). O Seminario de Onomástica responde: A Mezquita (Youtube). 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar


 
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.