Cádavos, A Mezquita

parroquia civil do concello da Mezquita

Cádavos é unha parroquia do concello da Mezquita. Segundo o IGE en 2011 tiña 94 habitantes (54 homes e 40 mulleres).

Cádavos
Vista xeral
ConcelloA Mezquita[1]
ProvinciaOurense
Coordenadas41°58′38″N 7°00′35″O / 41.977337687734, -7.009795727997Coordenadas: 41°58′38″N 7°00′35″O / 41.977337687734, -7.009795727997
Poboación76 hab. (2022)
Entidades de poboación1[1]
editar datos en Wikidata ]

Está situada no sueste do concello raiando con Portugal (freguesía de Moimenta e Montouto, no concello de Vinhais), a uns 900 m sobre o nivel do mar. Dista 7 km da vila da Mezquita. No extremo máis suroriental atópase o Penedo dos Tres Reinos e mais a Fonte dos Tres Reis, que marcaban o límite entre o Reino de Galiza, o Reino de León e o Reino de Portugal.

O territorio parroquial áchase fisicamente nos comezos da depresión do río Douro, entre o val e os lombeiros, e é atravesado polo leste, de norte a sur, polo río de Cádavos, noutrora tamén coñecido coma Paulador, sendo afluente do Rabaçal en Portugal.

O territorio posúe unha riqueza faunística e vexetal considerábel cunha masa importante de árbores caducifolias. Touzas, carballeiras, foresta de ribeira e soutos de castiñeiros centenarios. As zonas máis altas e penedías están poboadas por matogueira e monte baixo (torgais, uces, chaguazo, carqueixa, xesta etc.). A maior parte da superficie fica comprendida dentro da Rede Natura 2000, integrado no espazo catalogado oficialmente coma Pena Maseira.

Demografía e poboación editar

Actualmente a poboación estábel durante o ano en Cádavos non chega aos cen habitantes, moito menos da metade do censo de 1950 (243 hab.). Situación equiparábel ao resto de parroquias do concello. Este feito enmárcase nas consecuencias das vagas migratorias que sufriu a Galiza interior e oriental, primeiro en dirección a América Latina e máis tarde cara Centro-Europa e as áreas máis desenvolvidas do Estado Español. A impermeabilidade legal da raia con Portugal e a distancia quilométrica aos grandes centros urbanos de Galiza acentuaron aínda máis o atraso que ao igual ca noutras comarcas de Galiza foi responsabilidade directa do caciquismo e a política marxinatoria e colonial española.

Aspectos históricos e artísticos editar

Igrexa do século XVII con retablos barrocos do sec. XVIII.

Existen dúas casas señoriais brasonadas, unha delas completamente esborrallada, cun destacábel brasón conservado por unha familia fóra do seu lugar orixinal. A outra casa señorial, situada cara a praza no centro da poboación posúe escudos de enigmática factura (non seguen a ortodoxia esixida polos reis de armas) que remiten, segundo algúns estudosos, á presenza de templarios en épocas pretéritas e anteriores á construción da casa ou mesmo que fan pensar en presenza hebraica ou xudía por un cuartel co candelabro de sete brazos (menorá) xudeu e outro cuartel coa serpe reptante de bronce que Moisés ergue no deserto, símbolo da inmortalidade. Foi construída por Vicente Guerra Álvarez cara a 1760.

Son numerosas as casas con lumieiras gravadas con datas de principios do século XVIII, o que pode dar unha idea de recuperación e crecemento de Cádavos tras as guerras da independencia de Portugal na segunda metade do s. XVII.

Cádavos foi feudo particular da familia Guerra durante os séculos XVII e XVIII, familia inicialmente vinculada aos Cadórniga, señores da Mezquita, posuidores do patrimonio incautado aos templarios e donos da casa-pazo aínda conservada no centro da vila da Mezquita.

No Dicionario de Miñano Cádavos aparece como vila reguenga, na xurisdición da Vilavella da Mezquita (xurisdición ordinaria) e con alfándega importante.

Tralo golpe de estado de 1936 houbo un efémero foco de resistencia ás tropas golpistas. Á existencia en Cádavos dun cuartel de carabineiros que acataban a legalidade democrática republicana uniuse a presenza de sindicalistas que daquela traballaban na construción do camiño de ferro entre Zamora e Ourense. Con todo, a finais de xullo do 36 o falanxismo e o poder militar franquista xa tiñan afogado en sangue a resistencia. A represión, as represalias, os fusilamentos e o exilio non se fixeron agardar para moitos.

Aspectos lingüísticos editar

Lingüisticamente, Cádavos fica integrado de xeito patente no dominio lingüístico galego-portugués. O 99 % da poboación é monolingüe en idioma galego. Dentro do galego, a fala de Cádavos pertence á variante oriental, e dentro desta á subárea das Frieiras-As Portelas.

Lugares e parroquias editar

Lugares de Cádavos editar

Lugares da parroquia de Cádavos no concello da Mezquita (Ourense)

Cádavos

Parroquias da Mezquita editar

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias da Mezquita

Cádavos (Santa María Madanela) | Castromil (Nosa Sra. da Encarnación) | Chaguazoso (Santiago) | A Esculqueira (Santa Eufemia) | Manzalvos (Santa María) | A Mezquita (San Martiño) | O Pereiro (San Pedro) | Santigoso (San Simón) | A Vilavella (Santa María da Cabeza)


Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar