Pena Maseira
A Pena Maseira é un cume e espazo natural galego catalogado como zona especial de conservación (ZEC) que inclúe o macizo do suroeste ourensá, a comarca de Viana, que xa limita coa Bragança portuguesa e a Seabra zamorana. Esta área de conservación ocupa 5.739 ha. do sur dos concellos da Gudiña e da Mezquita e linda co parque portugués de Montesinho.[1][2][3][4][5] A súa característica principal é a de ser un espazo contiguo a ese parque portugués.[5]
Tipo | espazo natural protexido Zonas de especial protección dos valores naturais | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | A Gudiña, España e A Mezquita, España | |||
| ||||
Características | ||||
Superficie | 5.710,03217 ha | |||
World Database on Protected Areas | ||||
Identificador | 349604 | |||
Historia | ||||
Data de creación ou fundación | decembro de 2004 | |||
Xeografía
editarA Pena Maseira atópase nos concellos da Gudiña e da Mezquita, da comarca ourensá de Viana. Polo sur linda coa parte leste do parque natural portugués de Montesinho, en Bragança, e polo leste con Seabra, Zamora.[4][5] O espazo abrangue parte ou a totalidade das parroquias gudiñás de Barxa e o Tameirón, e das parroquias mesquitenses da Esculqueira, Chaguazoso, Manzalvos, Cádavos, Santigoso, Castromil e da Vilavella. Polo sur linda coas coas freguesías de Quirás e Pinheiro Novo e Moimenta e Montouto do municipio de Vinhais, da Terra Fría do distrito de Bragança. Polo leste linda co concello xabrés de Hermisende, chegando preto da localidade de Castromil. Dentro do espazo atópase o Penedo dos Tres Reis, que é o que delimita os tres territorios anteriores.
As vilas de Manzalvos, Cádavos e Castromil atópanse dentro da zona especial de conservación.[4][5]
O cume e o espazo natural da Pena Maseira localízanse entre as serras da Coroa, que define o linde contra o territorio portugués, e da serra de Marabón, que define o límite contra a Seara. Na raia portuguesa, de oeste a leste, atópanse cumes como a Pedra Alta (1002 m), a Igrejinha (1146), o cume de Serro (1148) , ou o Pisón (869). No límite xa tamén xabrés atópanse a pena do Carballoso (1006 m) e o penedo dos Treis Reis (1003 m).
Nesa zona de montañas baixan varios ríos e regos todos afluentes do río Mente, que está na cunca do río Douro e ao cal chega seguindo as terras da Bragança. Os principais ríos do espazo son o río de Cádavos, o rego ou regueiro das Veigas, o río Arbedo ou do Pereiro, o río Pentes e o río Lourenzo.
O clima predominante é o mediterráneo.[4][5]
Fauna e flora
editarFlora
editarNeste espazo protexido domina as zonas de bosque, matogueiras en rochedos e nalgunha área as zonas húmidas. Dominan as formacións herbáceas, das que compre destacar aquelas que se compoñen de Nardus, así como os rochedos e covas. Existen ademais, inda que de menos extensión, queirogais de Erica ciliaris e Erica tetralix, e turbeiras activas.[4][5]
Os bosques que existen no espazo son os bosques mixos de ladeiras e encostas (con pradairo común, freixos, olmo de montaña ou tileiro de folla miúda), os fluviais de freixos e abeneiros, e carballeiras de carballo común (Quercur robur) e cerquiños (Quercur pyrenaica).[4][5]
Fauna
editarNa Pena Maseira existen catalogadas dez especies de interese de protección. En particular, destacan invertebrados como escornabois (Lucanus cervus) e Euphydryas aurinia ou réptiles como o lagarto das silvas (Lacerta schreiberi) e a lagarta da serra (Iberolacerta monticola).[4] Así mesmo, conta con poboacións estables de lobos (Canis lupus).[5]
As especies de fauna catalogadas como especies silvestres en réxime de protección especial ou presentes no catalogo galego de especies ameazadas son:[4]
Grupo | Especie |
---|---|
Invertebrados | Euphydryas aurinia |
Invertebrados | Lucanus cervus |
Peixes | Chondrostoma polylepis |
Anfíbios | Discoglossus galganoi |
Réptiles | Lacerta monticola |
Réptiles | Lacerta schreiberi |
Mamíferos | Galemys pyrenaicus |
Mamíferos | Lutra lutra |
Mamíferos | Rhinolophus ferrumequinum |
Mamíferos | Rhinolophus hipposideros |
Lexislación
editarA Pena Maseira foi declarada como lugar de importancia comunitaria (LIC) en decembro de 2004 e ascendeu a zona especial de conservación (ZEC) en marzo de 2014.[4][5] É unha área protexida contigua ao parque natural portugués de Montesinho[4][5], que se declarou como parque en 1979 e reclasificou en 1997[6][7]. A principal función de conservación do espazo galego é a de complementar ao parque natural portugués.[5]
Galería de imaxes
editar-
Castiñeiros en Chaguazoso.
-
Río en Chaguazoso.
-
Chaguazoso, A Mezquita.
Notas
editar- ↑ BOE - Goberno de España, eds. (29/12/2004). "Decisión de la Comisión, de 7 de diciembre de 2004, por la que se aprueba, de conformidad con la Directiva 92/43/CEE del Consejo, la lista de lugares de importancia comunitaria de la región biogeográfica atlántica [notificada con el número C(2004) 4032].". Diario Oficial de la Unión Europea: L 387/1–96.
- ↑ Consellería de medio ambiente (Luns, 31 de marzo de 2014). DOG - Xunta de Galicia, eds. "DECRETO 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e se aproba o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia." (62): 13.427.
- ↑ Consellería de medio ambiente (Luns, 12 de abril de 2004). DOG - Xunta de Galicia, eds. "DECRETO 72/2004, do 2 de abril, polo que se declaran determinados Espazos como Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais." (69): 5.046.
- ↑ 4,00 4,01 4,02 4,03 4,04 4,05 4,06 4,07 4,08 4,09 Consellaría de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia (eds.). "ZEC ES1130008: Pena Maseira". Consultado o 24/8/2019.
- ↑ 5,00 5,01 5,02 5,03 5,04 5,05 5,06 5,07 5,08 5,09 5,10 Axencia Ambiental Europea - Unión Europea (eds.). "Natura 2000 - Standard Data Form: ES1130008 Pena Maseira". Consultado o 24/8/2019.
- ↑ Ministério da Habitação e Obras Públicas - Secretaria de Estado do Ordenamento Físico, Recursos Hídricos e Ambiente, Governo de Portugal, eds. (30/8/1979). "Decreto-lei 355/79, de 30 de Agosto". Diário da República. Série I (200/1979).
Cria o Parque Natural de Montezinho.
- ↑ Ministério do Ambiente, Governo de Portugal, eds. (4/4/1997). "Decreto Regulamentar 5-A/97, de 4 de Abril". Diário da República. 1º Suplemento, Série I-B (79/1997).
Procede à reclassificação do Parque Natural de Montesinho, dispondo sobre os seus objectivos e respectivos órgãos.