Moimenta e Montouto

Moimenta e Montouto é unha freguesía do concello de Vinhais no distrito de Braganza.

É unha freguesía creada logo da reorganización administrativa de 2012/2013, ao unirse as antigas freguesías de Moimenta e Montouto. Forman parte da freguesía as aldeas de Montouto, Carvalhas, Casares, Cerdedo, Landedo, Moimenta e Vilarinho das Touças.

Nesta freguesía sitúase un dos contrafortes do Penedo dos Tres Reinos, que outrora marcaba a fronteira entre os Reinos de Portugal, León e Galicia.

Na aldea de Carvalhas localízase un antigo paso fronteirizo de Portugal con España, onde aínda se erguen en ambos os lados da raia os antigos postos dos guardas fronteirizos.

PatrimonioEditar

  • Igrexa de San Pedro ou Igrexa Matriz de Moimenta.

 
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.