San Pedro de Vilanova, Vedra
San Pedro de Vilanova é unha parroquia que se localiza no leste do concello coruñés de Vedra na comarca de Santiago. Segundo o IGE en 2010 tiña 325 habitantes (167 mulleres e 158 homes) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 332 habitantes.
San Pedro de Vilanova | |
---|---|
Fonte da capela do Santiaguiño. | |
Concello | Vedra[1] |
Provincia | A Coruña |
Poboación | 316 hab. (2019) |
Entidades de poboación | 10[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
PatrimonioEditar
Trala capela do Santiaguiño e ó pé do camiño de Santiago, érguese unha fonte construída en 1670. A ámbolos lados mostra dúas figuras procedentes do coro pétreo do Mestre Mateo, desmontado en 1603-1604.
Galería de imaxesEditar
Inscrición na fonte da capela do Santiaguiño. Recolle a lenda da raíña Lupa e o traslado do corpo do Apóstolo nun carro ó que xunguiron dous bois bravos que, milagrosamente, tornaron mansos.
Lugares e parroquiasEditar
Lugares de San Pedro de VilanovaEditar
Lugares da parroquia de San Pedro de Vilanova no concello de Vedra (A Coruña) | |
---|---|
Castrelo | Cumbraos | O Francés | Galegos | O Outeiro | O Pazo | Picón | Raxoi | Sobredo | Vilar |