Abrir o menú principal

San Cristovo de Merín é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Vedra na comarca de Santiago. Segundo o IGE en 2018 tiña 115 habitantes (53 mulleres e 62 homes) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 163 habitantes.

Merín
Igrexa de Merín.jpg
Igrexa de San Cristovo de Merín.
ConcelloVedra
Poboación115 hab. (2018)
Entidades de poboación8

FestividadesEditar

San Pedro mártirEditar

Celébrase o domingo despois do 29 de abril, e aínda que na actualidade decaeu a asistencia, foi unha das romarías máis importantes da comarca de Santiago.

San CristovoEditar

Celébrase o día 10 de xullo e o fin de semana seguinte a esa data. Destaca a recuperación dende hai uns anos da romaría que se celebra o domingo, na que o redor dun cento de vehículos (maioritariamente camións, pero tamén coches, motos...) fan un percorrido ó redor de todo o concello de Vedra, encabezando esta a imaxe de San Cristovo encima dun camión. Logo os condutores asisten á misa e xúntanse nun xantar popular.

Galería de imaxesEditar

Lugares e parroquiasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar