Deputación da Coruña
A Deputación da Coruña é o órgano institucional propio da provincia da Coruña e engloba os 93 concellos desta, encargándose de ofrecer diversos servizos aos cidadáns ademais de fomentar a colaboración entre os municipios.
Sede da deputación | |
Fundación: | 1835 |
---|---|
Provincia: | A Coruña |
Enderezo: | Avenida Porto da Coruña nº2 15003 A Coruña |
Presidente: | Valentín González Formoso (PSdeG-PSOE) |
Orzamento: | 184 millóns de € (2020)[1] |
Número de empregados: | 800 (2012)[2] |
Concellos que atende: | 93 |
Boletín oficial: | bop |
Na rede | |
https://www.dacoruna.gal/portada/ | |
Historia
editarEn 1812 promúlgase a Constitución das Cortes de Cádiz na que se dispón por primeira vez a creación das deputacións provinciais. En 1813 instálase a primeira deputación en Galiza, con sede en Santiago de Compostela, e trasladouse á Coruña ese mesmo ano[3]. En 1814 a constitución é derrogada e as deputacións son eliminadas[3]. En 1820 coa volta ao réxime constitucional, instáurase na cidade da Coruña a segunda Deputación de Galiza, que desaparecerá dous anos despois para dar paso a catro novas deputacións, conforme á división territorial de España en 1822 aprobada polas Cortes do Trienio liberal na cal se dividiu o reino de Galiza en catro provincias: A Coruña, Lugo, Ourense e Vigo; o 1 de xuño de 1822 creouse a Deputación Provincial da Coruña[3][4]. En 1823 o absolutismo fixo desaparecer as deputacións[5] e a división provincial creada un ano antes.[3]
Creación
editarTrala reimplantación do réxime liberal a partir da promulgación do Estatuto Real de 1834, e xa estando en vigor a división territorial en provincias de 1833 realizada por Javier de Burgos, a creación da Deputación da Coruña tivo lugar o 21 de novembro de 1835[3].
Presidencia
editar- 1977-1979: Manuel Fraga Solar
- 1979-1987: Enrique Marfany Oanes (UCD/PDP)
- 1987-1989: José Manuel Romay Beccaría (AP)
- 1989-1995: Jesús Salvador Fernández Moreda (PSdeG-PSOE)
- 1995-1999: Augusto César Lendoiro (PP)
- 1999-2003: José Luis Torres Colomer (PP)
- 2003-2011: Jesús Salvador Fernández Moreda (PSdeG-PSOE)
- 2011-2015: Diego Calvo Pouso (PP)
- 2015-actualidade: Valentín González Formoso (PSdeG-PSOE)
Representación provincial
editarO pleno da deputación está formado por 31 deputados. Logo das eleccións municipais de 2019 repetiuse o pacto de goberno acadado entre PSdeG-PSOE e BNG en xullo de 2015, polo que continuou a ser presidente o alcalde socialista das Pontes, Valentín González Formoso. O vicepresidente é o edil nacionalista carballés Xosé Regueira Varela, en substitución da súa compañeira de partido, a compostelá Goretti Sanmartín Rei[6]. A representación dos diferentes partidos políticos é a seguinte[7]:
Composición da Deputación tras as eleccións de 2019 | ||||
---|---|---|---|---|
Partido político | Votos | % | Deputados | |
Partido Popular de Galicia (PPdeG) | ||||
Partido dos Socialistas de Galicia (PSdeG-PSOE) | ||||
Bloque Nacionalista Galego (BNG) | ||||
Marea Atlántica | ||||
Alternativa dos Veciños |
Distribución dos escanos por partidos xudiciais.
editarPartido xudicial | Deputados | |||||
---|---|---|---|---|---|---|
Betanzos | 1 | 1 | 2 | |||
Carballo | 1 | 1 | 3 | |||
Corcubión | 1 | 1 | ||||
A Coruña | 4 | 3 | 1 | 1 | 1 | 10 |
Ferrol | 2 | 2 | 1 | 5 | ||
Noia | 2 | 1 | 3 | |||
Santiago de Compostela | 4 | 3 | 1 | 8 | ||
Total | 14 | 11 | 4 | 1 | 1 | 31 |
Notas
editar- ↑ O pleno da Deputación da Coruña aproba un orzamento de 184 millóns de euros para 2020 Arquivado 28 de maio de 2020 en Wayback Machine..
- ↑ JOSÉ MANUEL RUBÍN, A Deputación, na senda da normalización. La Voz de Galicia, 10 de decembro de 2012
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 González Mariñas, Pablo (1978). Las Diputaciones Provinciales en Galicia: del Antiguo Régimen al Constitucionalismo (en castelán). Diputación Provincial de La Coruña - Publicaciones. Depósito Legal C-205-1978.
- ↑ La memoria de toda la provincia La Voz de Galicia
- ↑ A Deputación da Coruña, unha institución con historia
- ↑ Diario, Nós. "PSdeG e BNG selan o acordo para cogobernar a Deputación da Coruña". Nós Diario. Consultado o 2020-09-10.
- ↑ "Órganos de goberno". www.dacoruna.gal. Consultado o 2020-09-10.