Abrir o menú principal

A Copa Confederacións da FIFA (en inglés: FIFA Confederations Cup) é un torneo de fútbol organizado pola FIFA que enfronta a seleccións nacionais representantes de cada unha das confederacións da FIFA. Na actualidade celébrase cada catro anos, xusto no ano anterior á celebración do Mundial no mesmo país organizador do evento.

Copa Confederacións da FIFA
Fundación1992
RexiónFIFA
Equipos8
Actual campiónFlag of Brazil.svg Brasil (4º título)
Máis laureadoFlag of Brazil.svg Brasil (4 títulos)
Sitio webwww.fifa.com/confederationscup/

Compiten no torneo oito seleccións: os campións de cada un dos torneos que organiza cada confederación (a Copa da Asia da AFC, a Copa das Nacións da África da CAF, a Copa Ouro da CONCACAF, a Copa América da CONMEBOL, a Copa das Nacións da Oceanía da OFC, a Eurocopa da UEFA) e mais a selección campioa do último Mundial e o país anfitrión.

HistoriaEditar

O torneo foi orixinalmente organizado e realizado en Arabia Saudita co nome de Copa do Rei Fahd (ou Campionato Intercontinental) disputándose en 1992 e 1995 pola selección de Arabia e mais algúns campións continentais. En 1997 a FIFA fíxose cargo da organización do torneo, renomeándoo Copa Confederacións da FIFA e fixando a súa celebración cada dous anos.

A partir de 2005 a Copa pasou a disputarse cada catro anos, no ano anterior á celebración do Mundial e no país que acollese esa edición do máximo torneo intercontinental de nacións. Na actualidade está considerado como un test ou ensaio xeral para os países encargados da organización do mundial ademais de lles permitir competir á súa selección nacional ao máis alto nivel durante os dous anos anteriores ao evento (débese recordar que o país anfitrión se califica automaticamente para o Mundial).

Cando o vixente campión mundial tamén acapara algún dos títulos continentais, o subcampión tamén disputa o torneo para completar o número de oito participantes. Na edición de 2005 produciuse unha complicada situación: o campión do mundo tamén era campión de América e o subcampión, Alemaña, estaba clasificado coma anfitrión, a solución á que se chegou foi a de convidar ao subcampión da Copa América, Arxentina [1].

Até en tres ocasións houvo seleccións que decidiron non participar no torneo. O campión europeo de 1996, Alemaña, decidiu non facelo na edición de 1997 sendo reemplazada pola subcampioa, a República Checa. Francia, como campioa mundial de 1998 non participou na edición de 1999 sendo substituída pola finalista Brasil. Por último, a Alemaña subcampioa de 2002, foi substituída por Turquía (terceira nese mesmo Mundial) na edición de 2003.

O primeiro antecedente da Copa das Confederacións foi o Mundialito (ou Copa D'Oro). Tamén está considerado coma precursor deste torneo o Trofeo Artemio Franchi disputado en 1985 e 1993 entre os campións da Copa América e da Eurocopa [2].

ResultadosEditar

Copa do Rei FahdEditar

Ano Anfitrión Final Partido 3º e 4º posto
Campión Resultado Finalista 3º posto Resultado 4º posto
1992 [3]
Detalles
  Arabia Saudita   Arxentina 3–1   Arabia Saudita   Estados Unidos 5–2   Costa do Marfil
1995 [3]
Detalles
  Arabia Saudita   Dinamarca 2–0   Arxentina   México 1–1
(5–4 q.p.)
  Nixeria

Copa das ConfederaciónsEditar

Ano Anfitrión Final Partido 3º e 4º posto
Campión Resultado Finalista 3º posto Resultado 4º posto
1997
Detalles
  Arabia Saudita   Brasil 6–0   Australia   República Checa 1–0   Uruguai
1999
Detalles
  México   México 4–3   Brasil   Estados Unidos 2–0   Arabia Saudita
2001
Detalles
  Corea do Sur
  Xapón
  Francia 1–0   Xapón   Australia 1–0   Brasil
2003
Detalles
  Francia   Francia 1–0
(gol de ouro)
  Camerún   Turquía 2–1   Colombia
2005
Detalles
  Alemaña   Brasil 4–1   Arxentina   Alemaña 4–3
(prórroga)
  México
2009
Detalles
  Suráfrica   Brasil 3–2   Estados Unidos   España 3–2
(prórroga)
  Suráfrica
2013
Detalles
  Brasil   Brasil 3–0   España   Italia 2–2 (7–6)
(penaltis)
  Uruguai
2017
Detalles
  Rusia Por disputar
2021
Detalles
  Qatar Por disputar

PalmarésEditar

Equipo Títulos Finalista 3º posto
  Brasil 4 (1997, 2005, 2009, 2013) 1 (1999) -
  Francia 2 (2001, 2003) - -
  Arxentina 1 (1992) 2 (1995, 2005) -
  México 1 (1999) - 1 (1995)
  Dinamarca 1 (1995) - -
  Estados Unidos - 1 (2009) 2 (1992, 1999)
  Australia - 1 (1997) 1 (2001)
  España - 1 (2013) 1 (2009)
  Arabia Saudí - 1 (1992) -
  Xapón - 1 (2001) -
  Camerún - 1 (2003) -
  República Checa - - 1 (1997)
  Turquía - - 1 (2003)
  Alemaña - - 1 (2005)
  Italia - - 1 (2013)

GoleadoresEditar

ResumoEditar

Participación detallada por anoEditar

Equipo   Arabia Saudita
1992
  Arabia Saudita
1995
  Arabia Saudita
1997
  México
1999
  Corea do Sur
  Xapón
2001
  Arabia Saudita
2003
  Alemaña
2005
  Suráfrica
2009
Total
  Brasil - - Campión F 1R Campión Campión 5
  México - 1R Campión 1R - - 5
  Xapón - 1R - - F 1R 1R - 4
  Arabia Saudita F 1R 1R - - - - 4
  Arxentina Campión F - - - - F - 3
  Australia - - F - - 1R - 3
  Estados Unidos - - - 1R - F 3
  Camerún - - - - 1R F - - 2
  Francia - - - - Campión Campión - - 2
  Alemaña - - - 1R - - - 2
  Nova Zelandia - - - 1R - 1R - 1R 2
  Bolivia - - - 1R - - - - 1
  Canadá - - - - 1R - - - 1
  Colombia - - - - - - - 1
  Costa do Marfil - - - - - - - 1
  República Checa - - - - - - - 1
  Dinamarca - Campión - - - - - - 1
  España - - - - - - - 1
  Exipto - - - 1R - - - 1R 1
  Grecia - - - - - - 1R - 1
  Italia - - - - - - - 1R 1
  Corea do Sur - - - - 1R - - - 1
  Nixeria - - - - - - - 1
  Suráfrica - - 1R - - - - 1
  Tunisia - - - - - - 1R - 1
  Turquía - - - - - - - 1
  Emiratos Árabes Unidos - - 1R - - - - - 1
  Uruguai - - - - - - - 1
  • 1R: Eliminado na primeira ronda
  • F: Finalista
  • C: Campión

Estatísticas xeraisEditar

Equipo P G E P GF GC Dif
  Alemaña 8 4 1 3 17 17 0
  Arabia Saudí 12 3 1 8 13 31 -18
  Arxentina 10 5 3 2 22 14 +8
  Australia 13 5 1 7 13 20 -7
  Bolivia 3 0 2 1 2 3 -1
  Brasil 32 22 5 5 77 28 +49
  Camerún 8 4 1 3 5 5 0
  Canadá 3 0 1 2 0 5 -5
  Colombia 5 2 0 3 5 5 0
  Corea do Sur 3 2 0 1 3 6 -3
  Costa de Marfil 2 0 0 2 2 9 -7
  Dinamarca 3 2 1 0 5 1 +4
  Emiratos Árabes Unidos 3 1 0 2 2 8 -6
  España 10 7 1 2 26 8 +18
  Estados Unidos 12 4 1 7 15 17 -2
  Exipto 6 1 2 3 8 17 -9
  Francia 10 9 0 1 24 5 +19
  Grecia 3 0 1 2 0 4 -4
  Iraq 3 0 2 1 0 1 -1
  Italia 8 3 2 3 13 15 -2
  México 22 9 5 8 36 32 +4
  Nixeria 6 2 2 2 11 7 +4
  Nova Zelandia 9 0 1 8 2 24 -22
  República Checa 5 2 1 2 10 7 +3
  Suráfrica 7 1 2 4 9 12 -3
  Tahití 3 0 0 3 1 24 -23
  Tunisia 3 1 0 2 3 5 -2
  Turquía 5 2 1 2 8 8 0
  Uruguai 10 5 1 4 22 13 +9
  Xapón 16 5 2 9 19 25 -6

NotasEditar

  1. 2005/2006 season: final worldwide matchday to be 14 May 2006
  2. Intercontinental Cup for Nations
  3. 3,0 3,1 As primeiras dúas edicións foron de facto a defunta Copa do Rei Fahd. Posteriormente a FIFA recoñeceunas retroactivamente coma Copas Confederacións. Véxase http://www.fifa.com/tournaments/archive/tournament=101/awards/.

Véxase taménEditar