Andrea Pirlo

futbolista italiano

Andrea Pirlo, nado o 19 de maio de 1979 en Flero (Brescia), é un futbolista italiano, de etnia xitana sinti[1]. Xoga de centrocampista e o seu actual equipo é o Juventus FC da Serie A de Italia.

Infotaula de personaAndrea Pirlo

(2015) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento19 de maio de 1979 Editar o valor en Wikidata (45 anos)
Brescia, Italia Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeItalia Editar o valor en Wikidata
Altura177 cm Editar o valor en Wikidata
Peso68 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista (–2017), adestrador de fútbol Editar o valor en Wikidata
Período de actividade21 de maio de 1995 Editar o valor en Wikidata - 5 de novembro de 2017 Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua italiana Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaItalia Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
LigaMajor League Soccer Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor en Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
1995-1998 Brescia Calcio 47(6)
1998-2001 Inter de Milán 22(0)
1999-2000cesión Reggina 1914 (centrocampista)28(6)
2001-2001cesión Brescia Calcio (centrocampista)10(0)
2001-2011 A.C. Milan 284(32)
2011-2015 Juventus FC (centrocampista)119(16)
2015-2017 New York City FC 60(1) Editar o valor en Wikidata
  Selección nacional enllaç= enllaç=
1994-1994   Italia sub-15 3(0)
1995-1995   Italia sub-17 4(0)
1995-1995   Italia sub-16 6(2)
1995-1997   Italia sub-18 18(7)
1998-2002   Italia sub-21 37(15)
2002-2015   Italia 116(13) Editar o valor en Wikidata
  Adestrador enllaç= enllaç=
2020-2020 Juventus Next Gen
2020-2021 Juventus FC
2022-2023 Fatih Karagümrük SK
2023-2024 UC Sampdoria Editar o valor en Wikidata
Participou en
2014Mundial de Fútbol Brasil 2014
2013Copa Confederacións da FIFA
11 de marzo de 2012Lega Calcio Serie A
2012Eurocopa de Fútbol Polonia/Ucraína 2012
2010Mundial de Fútbol Suráfrica 2010
2009Copa Confederacións Suráfrica 2009
xuño de 2008Eurocopa de Fútbol Austria/Suíza 2008
2006Mundial de Fútbol Alemaña 2006
2004Eurocopa de Fútbol Portugal 2004
2004Xogos Olímpicos de 2004
2000Xogos Olímpicos de 2000 Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm2312479 Facebook: andreapirlopaginaufficiale Twitter: Pirlo_official Instagram: andreapirlo21 Olympic.org: andrea-pirlo FIFA: 177876 UEFA: 26917 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Pirlo debutou profesionalmente no Brescia Calcio no ano 1994, disputando a Serie A da liga italiana. Pero o equipo descendeu á Serie B e na tempada 1996-97 logrou ascender de novo. Ao ano seguinte non conseguiu a permanencia, polo que o xogador fichou polo Inter de Milán.

No FC Internazionale non se estableceu nunca como xogador titular, e despois dunha tempada no club foi cedido á Reggina Calcio, onde realizou unha boa campaña. A tempada 2000–01 regresou ó Inter, pero ante a falta de minutos marchou cedido no mercado de inverno ao Brescia, novamente.

No verán de 2001 fichou polo AC Milan, onde foi proclamado como un dos mellores centrocampistas do fútbol italiano e do mundo. Co AC Milan gañou a Liga de Campións en 2003 e 2007, así como a Supercopa de Europa e a Copa Mundial de Clubs da FIFA. A nivel nacional tamén gañou todos os trofeos, a Liga e a Supercopa na tempada 2003/04, e a Copa un ano antes. Debido á corrente xenófoba en Italia, o campión foi vítima de insultos e ameazas graves pola súa condición étnica, xunto a outros futbolistas de orixe xitana como Zlatan Ibrahimović ou Siniša Mihajlović.

O 25 de maio de 2011, anunciouse a súa fichaxe pola Juventus FC por tres anos.[2]

Selección nacional

editar

Foi internacional coa Selección de fútbol de Italia en 63 ocasions e marcou 8 goles. Debutou no ano 2002 ante Acerbaixán, a pesar de que xa xogara nas categorías inferiores, formando parte do equipo que gañou a Eurocopa sub-21 no ano 2000 e tamén do que gañou a medalla de bronce nos Xogos Olímpicos de Atenas 2004. Coa selección absoluta participou na Eurocopa 2004 e coa que xogou e gañou a Copa Mundial de Fútbol de 2006, marcando un gol á selección nacional de Ghana no partido inaugural de Italia e o pase ao gol a Fabio Grosso na semifinal contra Alemaña (2:0).

Na Eurocopa de 2008 marcou un gol de penalti, que serviu para poñer o seu equipo adiante, na vitoria de Italia 2-0, no partido definitivo da fase de grupos contra a Francia, logrando así avanzar a Cuartos de Final.

  1. MARCA.com Arquivado 21 de xaneiro de 2009 en Wayback Machine. (en castelán).
  2. http://www.marca.com/2011/05/24/futbol/futbol_internacional/calcio/1306260283.html La Juve comienza su revolución y ficha a Pirlo