Provincia de Brescia
País | ![]() |
Rexión | ![]() |
Capital | Brescia |
Área | 4.784 km² |
Poboación | 1.242.393 (2009) |
Densidade | 260 hab/km² |
Municipios | 206 |
Matrícula | BS |
Código postal | 25121-25136, 25010-25089 |
Prefixo telf. | 030, 0364, 0365, 035 |
Presidente | Daniele Molgora (PdL-Lega Nord) 08.06.2009 |
![]() | |
Situación da Provincia de Brescia en Italia |
Brescia (Brèsa no bresciano) é unha provincia da rexión da Lombardía, en Italia. A súa capital é a cidade de Brescia.
Ten unha área de 4.784 km2, e unha poboación de 1.109.841 habitantes (2001). Hai 206 municipios na provincia.
Limita polo norte e polo noroeste coa provincia de Sondrio, polo leste coa rexión do Véneto (provincia de Verona) e coa rexión do Trentino-Tirol do Sur, polo sur coa provincia de Mantua, polo sur e polo suroeste coa provincia de Cremona e polo oeste coa provincia de Bérgamo.
Algunhas cidades importantes da provincia son Desenzano del Garda, Montichiari, Ghedi, Manerbio, Orzinuovi, Chiari, Carpenedolo, Rovato, Saló, Iseo, Gardone Val Trompia e Lumezzane.
Importantes centros turísticos da provincia son Sirmione, Desenzano del Garda, Saló e, en xeral, todos os municipios ribeireños do Lago de Garda.