Ghedi

comuna italiana

Ghedi (Ghét no dialecto bresciano) é un municipio (comune) situado na provincia de Brescia (Lombardía). Ten dúas aldeas (frazioni), Belvedere e Ponterosso.

Modelo:Xeografía políticaGhedi
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 45°24′07″N 10°16′49″L / 45.402, 10.2803Coordenadas: 45°24′07″N 10°16′49″L / 45.402, 10.2803
EstadoItalia
RexiónLombardía
ProvinciasProvincia de Brescia Editar o valor em Wikidata
CapitalGhedi Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación18.497 (2023) Editar o valor em Wikidata (308,28 hab./km²)
Xeografía
Superficie60 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude85 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Santo padrónRoque de Montpellier Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal25016 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico030 Editar o valor em Wikidata
Identificador ISTAT017078 Editar o valor em Wikidata
Código catastral italianoD999 Editar o valor em Wikidata

Páxina webcomune.ghedi.brescia.it Editar o valor em Wikidata

A cidade é a sede dun destacamento da Aeronautica Militare italiana, situado no aeroporto de Ghedi, onde se sitúa a estación meteorolóxica de Brescia-Ghedi.

Xeografía e demografía editar

O concello de Ghedi ten unha extensión de 60,84 km² e unha poboación de 18 910 habitantes (segundo o censo de 30 de novembro de 2009),[1] do que resulta unha densidade de poboación de 310,82 hab/km². A súa poboación, segundo datos do ISTAT (Istituto nazionale di statistica), está medrando máis do 10 % por década.

Os seus habitantes, chamados ghedesi, falan, ademais do italiano, a lingua lombarda, na súa variedade do dialecto bresciano.[2][3]

Situada a 85 m sobre o nivel do mar, o núcleo antigo da localidade formouse ao redor dun recinto fortificado, cuxo lugar, aínda hoxe, chaman o Castello.

Desde o 22 de xuño de 2009, o alcalde (Sindaco) é Lorenzo Borzi, da coalición Fratelli d'Italia - Alleanza Nazionale (FdI-AN), de centro dereita.

 
Igrexa parroquial de Sª Mª Assunta. Campanario e ábsida.

A igrexa parroquial foi reedificada na primeira metade do século XVII sobre unha basílica románica do século VIII.[4]

En Ghedi ten a sede a Sexta Ala (6° Stormo) das Forzas aéreas de Italia (Aeronautica Militare), xunto ao aeroporto de Ghedi-Castenedolo, onde está localizada a estación meteorolóxica de Brescia-Ghedi.

Monumentos e lugares de interese editar

  • Chiesa Parrocchiale (Igrexa parroquial): constuída sobre unha igrexa parroquial antiga, é un edificio do século XVII. Acaroado a ela encóntrase o campanario, do século XV (Quattrocento).[4]
  • Palazzo comunale (Casa do Concello): de orixe medieval con trazas arquitectónicas dos séculos XV e XVI.
  • Loggia delle grida: do Quattrocento
  • Chiesetta della Beata Vergine di Caravaggio (Capela da Beata Virxe de Caravaggio: construída en 1759.
  • Santuario dei Morti della Fossetta ou de San Rocco (san Roque): construído en memoria da peste de 1630.
  • Palazzo Mondella: do século XVIII, coa fachada decorada con escudos de armas.
  • Palazzo Ochi: do século XVIII.

Personaxe célebre relacionado con Ghedi editar

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. Datos do ISTAT Arquivado 03 de novembro de 2016 en Wayback Machine..
  2. Toponimi in dialetto bresciano
  3. VV. AA. (1966): Dizionario di toponomastica. Storia e significato dei nomi geografici italiani. Milano: GARZANTI, p. 303.
  4. 4,0 4,1 Angelo Bonini 2008.
  5. Louis "le Jeune" Arquivado 14 de novembro de 2016 en Wayback Machine. en Medieval Lands (en inglés). Consultada o 14 de novembro de 2016.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Angelo Bonini (2008). La chiesa parrocchiale di S. Maria Assunta in Ghedi. Origini, storia, arte, società. Brescia: Fondazione Civiltà Bresciana. ISBN 978-8855900003. 
  • Angelo Bonini (2012). Il santuario della Madonna di Caravaggio in Ghedi. Brescia: BAMS. ISBN 978-8890552984. 
  • Angelo Bonini (2016). Il convento di Santa Maria delle Grazie in Ghedi. Brescia: BAMS. ISBN 978-88-97941-16-3. 

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar