Deco
Anderson Luiz de Sousa, coñecido como Deco, nado en São Bernardo do Campo o 27 de agosto de 1977, é un futbolista brasileiro nacionalizado portugués. Xoga de centrocampista e o seu equipo actual é o Fluminense. Foi internacional coa selección portuguesa.
Deco | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Información persoal | |||
Nome | Anderson Luís de Souza | ||
Nacemento | 27 de agosto de 1977 (46 anos) | ||
Lugar de nacemento | São Bernardo do Campo | ||
Altura | 1,74 m. | ||
Posición | Centrocampista | ||
Información de club | |||
Club actual | Fluminense | ||
Número | 20 | ||
Carreira xuvenil | |||
1995–1996 | Nacional (SP) | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1996–1997 | Corinthians | 2 | (0) |
1997–1999 | Benfica | 0 | (0) |
1997–1998 | → Alverca (cedido) | 32 | (13) |
1998–1999 | → Salgueiros (cedido) | 12 | (2) |
1999–2004 | Porto | 154 | (32) |
2004–2008 | Barcelona | 113 | (11) |
2008–2010 | Chelsea | 43 | (5) |
2010– | Fluminense | 34 | (1) |
Selección nacional | |||
2003–2010 | Portugal | 75 | (5) |
Na rede | |||
![]() ![]() ![]() ![]() | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Traxectoria editar
Chegou a Portugal a través do SL Benfica, foi no Alverca que mostrou o seu fútbol para despois ingresar no FC Porto, ao que axudou a vencer en dous campionatos nacionais, unha Copa da UEFA, unha Liga de Campións e unha Liga de Portugal. Posteriormente fichou polo FC Barcelona.
Selección nacional editar
A estrea na selección portuguesa ocorreu o 29 de marzo do 2003, diante do Brasil, precisamente o seu país natal e actual campión do Mundo. O encontro, amigable, realizouse no Estadio das Antas, na cidade de Porto, e terminou coa vitoria de Portugal (2-1). Deco, que entrou aos 60 minutos por Sergio Conceição, marcou o gol que deu a vitoria lusitana.
Ata a decembro de 2004, Deco xa representou a selección en 24 ocasións, marcado dúas veces. A primeira na estrea e a segunda, o 13 de outubro de 2004, en Alvalade, na goleada (7–1) perante Rusia, en partido correspondente á fase de cualificación do Mundial de Fútbol Alemaña 2006.