Roberto Trashorras
Roberto Trashorras Gayoso, nado en Rábade o 28 de febreiro do 1981, é un ex-futbolista galego. Xogaba de centrocampista.
Roberto Trashorras | |||
---|---|---|---|
![]() Trashorras xogando para o Celta. | |||
Información persoal | |||
Nome | Roberto Trashorras Gayoso | ||
Nacido | 28 de febreiro de 1981 (39 anos) | ||
Lugar | Rábade | ||
Altura | 1,77 m. | ||
Posición | Centrocampista | ||
Carreira xuvenil | |||
1989–1995 | Racing Villalbés | ||
1995–1999 | Barcelona | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1999–2003 | Barcelona B | 107 | (29) |
2001 | Barcelona | 1 | (0) |
2003–2005 | Real Madrid B | 65 | (10) |
2005–2006 | Numancia | 12 | (1) |
2006–2008 | Las Palmas | 62 | (11) |
2008–2011 | Celta de Vigo | 107 | (17) |
2011–2018 | Rayo Vallecano | 211 | (9) |
Selección nacional | |||
1997 | España sub-16 | 2 | (1) |
1998–1999 | España sub-17 | 9 | (6) |
1999–2000 | España sub-18 | 8 | (4) |
2001 | España sub-19 | 4 | (0) |
2001 | España sub-20 | 1 | (0) |
2005-2008 | Galicia | 4 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
TraxectoriaEditar
Debutou no 1999 nas categorías inferiores do FC Barcelona onde militou até o 2003 cando marcha ao filial do eterno rival, o Real Madrid Castilla. Dous anos máis tarde fichou polo CD Numancia até o final da tempada 2005–06. Durante o verán do 2006 tivo ofertas de equipos estranxeiros, mais a súa negativa fixo que, en outubro dese mesmo ano, recalase na UD Las Palmas.
En 2008 foi contratado polo Celta de Vigo, sendo a súa primeira tempada no club celeste moi irregular en canto a xogo e eficacia goleadora. Na tempada 2009–10 converteuse no cerebro e líder do Celta e anotou nove goles, o último deles ante o UD Las Palmas de penalti, todo un fito na súa carreira.
O 11 de agosto de 2011 anunciouse a súa fichaxe polo Rayo Vallecano.[1]
O 29 de agosto de 2018, anunciou a súa retirada como futbolista con 37 anos de idade.[2]
NotasEditar
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Roberto Trashorras |