Jonathan Pereira
Jonathan Pereira Rodríguez, nado o 12 de maio de 1987 en Vigo, é un ex futbolista galego. Xogaba como dianteiro e disputou máis de 300 partidos entre a Primeira e a Segunda división.
Jonathan Pereira | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Jonathan Pereira Rodríguez | ||
Nacemento | 12 de maio de 1987 | ||
Lugar de nacemento | Vigo | ||
Altura | 1,65 m. | ||
Posición | Dianteiro | ||
Carreira xuvenil | |||
Santa Mariña | |||
2002–2004 | Villarreal | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2004–2007 | Villarreal | 73 | (51) |
2006–2010 | Villarreal | 10 | (1) |
2007–2008 | → Racing de Ferrol (cedido) | 39 | (11) |
2008–2009 | → Racing de Santander (cedido) | 32 | (5) |
2010–2012 | Betis | 77 | (16) |
2013–2015 | Villarreal | 50 | (11) |
2014–2015 | → Rayo Vallecano (cedido) | 3 | (0) |
2015 | → Valladolid (cedido) | 20 | (6) |
2015–2016 | Lugo | 35 | (9) |
2016–2017 | Real Oviedo | 14 | (2) |
2017–2019 | Alcorcón | 64 | (8) |
2019–2021 | Gimnàstic de Tarragona | 16 | (1) |
Selección nacional | |||
2006–2007 | Galicia | 2 | (1) |
2004 | España sub-17 | 9 | (1) |
2007 | España sub-20 | 1 | (0) |
2008–2009 | España sub-21 | 3 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Traxectoria
editarEmpezou na canteira do Celta de Vigo, xogando 2 anos cos alevíns. Logo estivo 4 anos no Unión Deportiva Santa Mariña de Cabral (Vigo), e ós 15 anos marchou ó Villareal para xogar nas categorías inferiores.
Debutou na primeira división o 21 de outubro de 2006 contra o Levante, e 17 segundos despois marcou o seu primeiro gol, converténdose no debutante que menos tempo tardou en meter un gol.[1] En xullo de 2007 o Villarreal cedeuno ó Racing de Ferrol da segunda división, equipo co que descendeu á segunda B.
No verán de 2008 foi seguido por varios equipos, como o Racing de Santander, o Málaga ou o Recreativo de Huelva, aínda que todos pretendían a súa cesión, xa que tiña contrato co Villarreal ata o 2013. Finalmente foi cedido ó Racing de Santander por unha tempada.[2]
Jonathan pasou á historia racinguista por ser o primeiro xogador do club en marcar un gol na Copa da UEFA. O partido foi o 18 de setembro de 2008 no Sardinero fronte ao FC Honka Espoo, gañando o conxunto cántabro por 1-0. Tamén marcou no último partido que disputou o equipo cántabro na competición europea fronte ao Manchester City no Sardinero o 18 de decembro de 2008. Anotou ademais o gol máis rápido na historia do Racing, aos 24 segundos no partido fronte ao Deportivo da Coruña en Riazor, o 8 de marzo de 2009.
Ao rematar a súa cesión volveu ao Villareal, e en xaneiro de 2010 foi fichado polo Real Betis Balompié por 3,4 millóns de euros.[3]
Selección nacional
editarFoi internacional coa selección de fútbol de Galicia en dúas ocasións. Foi internacional coas seccións inferiores da selección española de fútbol, coas que conseguiu o subcampionato de Europa Sub-17.[4][5].
Palmarés
editarCopas internacionais
editarTítulo | Club | País | Ano |
---|---|---|---|
Subcampión Eurocopa Sub-17 | España Sub-17 | Francia | 2004 |
Récords
editarO 4 de agosto de 2011, disputou un amigábel de pretemporada co Real Betis contra o Neath galés marcando 7 goles.[6] Isto colocouno no quinto posto do ránking mundial de máis goles conseguidos nun só partido por un xogador, tan só por debaixo de Pelé (8 goles), Voskamp (8), Nielsen (10) e Thompson (13).
Notas
editar- ↑ "Jonathan Pereira,un récord de 17 segundos" (en castelán). 2 de agosto de 2019. Consultado o 26 de maio de 2021.
- ↑ "Jonathan Pereira marcha cedido ó Racing de Santander". Arquivado dende o orixinal o 13 de xullo de 2008. Consultado o 13 de setembro de 2008.
- ↑ "Pereira é novo xogador do Betis". Arquivado dende o orixinal o 24 de xaneiro de 2010. Consultado o 29 de outubro de 2010.
- ↑ "Campionato de Europa Sub-17: España caeu ante Francia na Final". Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2009. Consultado o 13 de setembro de 2008.
- ↑ Jonathan Pereira, convocado pola selección sub-21
- ↑ "Neath 0-8 Real Betis - Pereira, feliz tras marcar siete goles". Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2014. Consultado o 10 de setembro de 2015.