Quique Costas

Para ver outras persoas chamadas Quique Costas, acuda á páxina de homónimos correspondente.

Enrique Álvarez Costas, chamado Quique Costas, nado en Vigo o 16 de xaneiro de 1947 é un ex-xogador de fútbol e adestrador galego.

Quique Costas
Información persoal
Nome Enrique Álvarez Costas
Nacido 16 de xaneiro de 1947
Lugar Vigo
Altura 179 centímetros
Posición Centrocampista

TraxectoriaEditar

Comeza a xogar no equipo de afeccionados do Sociedade Deportiva Amanecer do Grove, logo pasa ás categorías inferiores do Celta de Vigo e en 1965, con 18 anos, debuta en segunda división co Celta. Estando neste equipo debuta na selección española de fútbol nun encontro o 11 de febreiro de 1970 contra a Alemaña do Leste, e tamén con el ascende a primeira división. En abril de 1971 ficha polo FC Barcelona, onde xogará nove temporadas, ata 1980.

Cando se retira adestrou o equipo filial do FC Barcelona B en diversas ocasións, a última ata 2007[1].

PalmarésEditar

Vida persoalEditar

É pai dos tamén xogadores Quique Álvarez Sanjuán e Óscar Álvarez Sanjuán.

NotasEditar