Airam Cabrera

futbolista español

Airam López Cabrera, coñecido como Airam, nado o 21 de outubro de 1987 en Puerto de la Cruz (Tenerife, Canarias), é un futbolista profesional español que actualmente xoga de dianteiro no Cádiz.

Airam
Información persoal
Nome Airam López Cabrera
Nacemento 21 de outubro de 1987 (36 anos)
Lugar de nacemento Puerto de la Cruz
Altura 1,80 m
Posición Dianteiro
Información de club
Club actual Cádiz
Carreira xuvenil
Tenerife
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2007–2010 Tenerife B 74 (51)
2007–2008Laguna (cedido) 38 (17)
2010–2012 Villarreal B 48 (9)
2012 Córdoba 16 (3)
2012–2013 Numancia 13 (1)
2013 Lugo 18 (3)
2013– Cádiz
Total 207 (84)


Selección: actualizado a 30 de xullo de 2013editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Airam comezou a súa traxectoria no mundo do fútbol nas categorías inferiores do CD Tenerife,[1] onde estivo oito anos con dúas cesións (aos xuvenís de Los Llanos e ao Laguna). En terceira división, no terceiro equipo do Tenerife anotou nunha tempada 24 goles na Terceira División, mellorando o seu rexistro ao ano seguinte en Segunda B con 27, aínda que non consegue evitar o descenso do seu equipo, moi limitado para a categoría.

En 2010[2] asina como novo artilleiro do Villarreal B da Segunda División de cara á tempada 2010/11. O 31 de xaneiro de 2012, a falta de dúas horas para o peche do mercado invernal, e tras rescindir o seu contrato co equipo castellonense, fai oficial a súa fichaxe polo Córdoba CF, onde permanecería até o mes de xuño.

O 31 de xullo de 2012 confírmase a súa fichaxe polo CD Numancia de cara á tempada 2012-13, comezando unha nova tempada como diateiro do club soriano que dura até o 10 de xaneiro de 2013, onde tras non ter moita participación co equipo rescinde o seu contrato e asina co Club Deportivo Lugo da mesma categoría. O 30 de marzo de 2013 converteuse no primeiro xogador do Lugo en conseguir un hat-trick na Segunda División. Con todo, non volveu anotar ningún gol no resto da Liga, finalizando o seu contrato no Lugo, que non lle ofrece a renovación, e asinando co Cádiz da Segunda B.

Clubs editar

Club Categoría Ano PX Goles
Laguna Terceira 2007-2008 38 17
Tenerife B Terceira 2008-2009 37 24
Tenerife B Segunda B 2009-2010 37 27
Villarreal B Segunda 2010-2011 30 5
Villarreal B Segunda 2011-2012 18 4
Córdoba Segunda 2012 16 3
Numancia Segunda 2012-2013 12 0
Lugo Segunda 2013 18 3
Cádiz Segunda 2013-2014

Notas editar

  1. "Airam, o goleador que vén". Arquivado dende o orixinal o 31 de decembro de 2009. Consultado o 10 de xaneiro de 2013. 
  2. O pistoleiro Airam chega "cunhas gañas tremendas"

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar