Puerto de la Cruz

Puerto de la Cruz é unha cidade e municipio español pertencente á provincia de Santa Cruz de Tenerife, nas Canarias. Sitúase no norte da illa de Tenerife, no Val de La Orotava, xunto aos municipios de Los Realejos e de La Orotava.

Modelo:Xeografía políticaPuerto de la Cruz
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 28°25′00″N 16°33′00″O / 28.41667, -16.55Coordenadas: 28°25′00″N 16°33′00″O / 28.41667, -16.55
EstadoEspaña
Comunidade autónomaIllas Canarias
ProvinciaProvincia de Santa Cruz de Tenerife Editar o valor em Wikidata
CapitalPuerto de la Cruz Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación30.849 (2023) Editar o valor em Wikidata (3.533,68 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie8,73 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor em Wikidata
Altitude4 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataMarcos E. Brito Gutierrez (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal38400 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE38028 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con
Ben de interese cultural
Tipoconxunto histórico-artístico
Data23 de maio de 2006
IdentificadorRI-53-0000410

Sitio webpuertodelacruz.es Editar o valor em Wikidata

Localización e características editar

Ten unha extensión de 8,73 km², é o municipio máis pequeno das Illas Canarias, e unha poboación de 31.804 habitantes (INE, xaneiro de 2008). A súa altitude é de 9 metros sobre o nivel do mar e o seu punto de maior altura é o cono volcánico das Areas (ou montaña da Forca), con 249 metros.

É un dos centros turísticos máis importantes das Canarias, sendo a procedencia común dos visitantes a Península Ibérica, Reino Unido e Alemaña.

Os seus habitantes son coñecidos como portuenses, e nalgúns casos xeneralízaselles como ranilleros, pero orixinalmente este gentilicio pertencía soamente aos do Barrio da Ranilla dentro do mesmo pobo e de forte tradición pesqueira.

Ademais do centro urbano do Puerto de la Cruz, o municipio conta con barrios como o de Punta Brava, A Beira, San Antonio, o Durazno etc.