Los Realejos
Los Realejos é un municipio español pertencente á provincia de Santa Cruz de Tenerife (Canarias), ao norte da illa de Tenerife. Sitúase no Val de La Orotava, nas faldras do Teide, a poucos quilómetros de La Orotava e de Puerto de la Cruz. Los Realejos está a 42 km da capital, Santa Cruz de Tenerife.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Illas Canarias | ||||
Provincia | Provincia de Santa Cruz de Tenerife | ||||
Illa volcánica | Tenerife | ||||
Capital | Los Realejos | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 37.207 (2023) (652,75 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 57 km² | ||||
Bañado por | Océano Atlántico | ||||
Altitude | 420 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Manuel Dominguez Gonzalez (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 38410 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 38031 | ||||
Páxina web | losrealejos.es | ||||
Ten unha extensión de 57,09 km² e unha poboación de 37.224 habitantes (INE, xaneiro 2007). A súa altitude na cabeceira é de 420 metros sobre o nivel do mar.
O núcleo principal é Los Realejos (que está formado por tres zonas: Realejo Alto, San Agustín e Realejo Baixo), mais existen numerosas localidades e barrios como Toscal-Longuera, A Cruz Santa, Tigaiga, Pau Branco ou Icod do Alto.
Historia
editarNeste municipio, que pertencía ao menceyato de Taoro, deuse por concluída a fase bélica da conquista de Tenerife o 25 de xullo de 1496. Ao Apóstolo Santiago, patrón da vila, encoméndase a primeira parroquia e templo que os casteláns edificaron na Illa, hoxe chamada Parroquia Matriz do Apóstolo Santiago.
Alén do barranco que os conquistadores chamarían barranco de Godinez, atopábanse as máis fértiles terras de Tenerife. Nas reparticións de terreos posteriores á conquista, estas terras reservaríaas para si o adiantado Alonso Fernández de Lugo. Co paso dos anos, deu lugar á coñecida hoxe en día como Facenda dos Príncipes.
Entre a Parroquia do Apóstolo Santiago e a de Facenda medraría o municipio de Realejo.
Até 1954 o actual municipio estaba dividido en dous diferentes: Realejo Alto e Realejo Baixo. Hoxe en día séguense empregando estes termos para diferenciar os dous barrios.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Los Realejos |