Hugo Rama

futbolista galego

Hugo José Rama Calviño, nado o 22 de novembro de 1996 en Sigüeiro, é un futbolista galego que xoga como centrocampista no Deportivo da Coruña, da Primeira División RFEF.

Hugo Rama
Información persoal
Nome Hugo José Rama Calviño
Nacemento 22 de novembro de 1996
Lugar de nacemento Sigüeiro
Altura 1,77 m.
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual Deportivo da Coruña
Número 17
Carreira xuvenil
–2013 Celta de Vigo
2013–2014 Xuventude Oroso
2014–2015 Deportivo da Coruña
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2014 Sigüeiro 1 (1)
2015–2017 Fabril 46 (4)
2017–2018 Cerceda 36 (0)
2018–2022 Lugo 68 (4)
2018–2019 Mirandés 39 (7)
2022–2023 Oviedo 45 (1)
2023– Deportivo da Coruña 8 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 27 de outubro de 2023.
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Nado en Sigüeiro, Oroso, a orixe arxentina de seu pai fixo que fose afeccionado de River Plate dende pequeno.[1][2] Comezou a súa formación como futbolista nas categorías inferiores do Celta de Vigo, onde destacou ata o segundo ano de xuvenil, cando decidiu abandonar o club por "saúde mental" e porque xa non gustaba da rutina que levaba.[3] [4]Xogou entón unha campaña no Xuventude Oroso, co que logrou o ascenso á Liga Nacional, e debutou na Primeira Galicia co Sigüeiro, compartindo equipo con Juanito.[4] Foi nun partido ante o Cordeiro, no que marcou o único gol do seu equipo, que perdeu 1-2.

Após esa temporada incorporouse ao Deportivo da Coruña como xuvenil de terceiro ano.[5] Do equipo xuvenil dirixido por José Ramón pasou ao Fabril na tempada 2015/16, onde se converteu nun dos xogadores fixos para o adestrador Manuel Mosquera. Con todo, a chegada de Cristóbal Parralo ao banco acabou provocando a saída de Rama do club por falta de minutos, despois de 49 partidos co filial.

En agosto de 2017 asinou co Cerceda de Tito Ramallo, aproveitando así a oportunidade de xogar na Segunda División B. Titular indiscutible no club cercedense, disputou un total de 44 partidos, 39 deles como titular, e marcou 9 goles.

O 25 de xaneiro de 2018 asinou un contrato co Lugo, da Segunda División, que se faría efectivo para a seguinte temporada. Porén, o club lucense cedeuno na súa primeira campaña ao Mirandés de Segunda B. En Miranda de Ebro foi titular indiscutíbel e unha das pezas chave do equipo adestrado por Borja Jiménez, que gañou a Copa Federación e logrou o ascenso a Segunda. Con todo, caeu lesionado nun encontro das eliminatorias de ascenso contra o Recreativo de Huelva, rompendo o ligamento cruzado anterior do xeonllo no mesmo momento que marcaba o único gol do partido.[6] A pesar da lesión, o 24 de xullo Rama prolongou o seu contrato co Lugo até 2022.

Reapareceu nos terreos de xogo en xaneiro de 2020,[7] debutando co Lugo en Segunda nun encontro ante o Rayo Vallecano no Estadio de Vallecas, entrando ao campo na segunda metade como substituto de Álex López. O 21 de outubro de 2020 marcou o seu primeiro gol na categoría de prata, na vitoria por 3-0 do seu equipo fronte ao Girona no Anxo Carro.[8] Durante esa tempada (2020/21) disputou 38 encontros, 30 deles como titular, e marcou 4 goles.

En xaneiro de 2022 acordou co club a rescisión do seu contrato e asinou polo Oviedo, da mesma categoría. Xogou 10 partidos no que restaba de tempada, ás ordes do Cuco Ziganda, pero non se fixo cun oco no once titular ata a campaña seguinte, especialmente trala chegada do adestrador Álvaro Cervera.[9] Iniciou a tempada 2023/24 como xogador do Oviedo, sendo titular na primeira xornada ante o Tenerife, pero no último día do mercado anunciouse a súa fichaxe polo Deportivo da Coruña, despois de chegar a un acordo co Oviedo para rescindir o seu contrato.[9] O seu balance no club asturiano foi de 48 partidos e 1 gol.

A súa contratación polo Deportivo supuxo o seu regreso ao club coruñés seis anos despois da súa marcha do filial. Debutou co primeiro equipo branquiazul na segunda xornada da Primeira División RFEF, nunha vitoria por 0-3 diante do Lugo, o seu exequipo, no Anxo Carro.

Estatísticas editar

Club Tempada Categoría Liga Copa do Rei Outros[N 1] Total
Partidos Goles Partidos Goles Partidos Goles Partidos Goles
Sigüeiro 2014/15 Primeira Galicia 1 1 - - - - 1 1
Fabril 2015/16 Terceira 27 1 - - 4 1 31 2
2016/17 Terceira 15 2 - - - - 15 2
Total club 42 3 0 0 4 1 46 4
Cerceda 2017/18 Segunda B 36 0 - - - - 36 0
Mirandés 2018/19 Segunda B 36 6 1 0 7 3 44 9
Lugo 2019/20 Segunda 13 0 0 0 - - 13 0
2020/21 Segunda 36 4 2 0 - - 38 4
2021/22 Segunda 19 0 2 0 - - 21 0
Total club 68 4 4 0 0 0 72 4
Oviedo 2021/22 Segunda 10 1 0 0 - - 10 1
2022/23 Segunda 34 0 3 0 - - 37 0
2023/24 Segunda 1 0 0 0 - - 1 0
Total club 45 1 3 0 0 0 48 1
Deportivo 2023/24 Primeira RFEF 8 0 0 0 - - 8 0
Total carreira 236 15 8 0 11 4 255 19
  1. Inclúe partidos de promocións de ascenso e Copa Federación.

Palmarés editar

Mirandés

Notas editar

  1. Durán, Pablo (22 de outubro de 2019). "La Libertadores se juega en el Ángel Carro". El Progreso (en castelán). Consultado o 27 de outubro de 2023. 
  2. "El perfil de Hugo Rama, el hincha de River que dejó el Celta por el equipo de su pueblo" (en castelán). 4 de febreiro de 2022. Consultado o 27 de outubro de 2023. 
  3. De la Cruz, Luis (14 de setembro de 2023). "Hugo Rama: “No disfrutaba y parar me dio la vida, era joven y no sabía si iba a ser futbolista o camionero”". As (en castelán). Consultado o 27 de outubro de 2023. 
  4. 4,0 4,1 Antelo, Iván (29 de maio de 2016). "Hugo Rama, un ave fénix blanquiazul". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 27 de outubro de 2023. 
  5. "El Deportivo llega a un acuerdo con Hugo Rama para su regreso" (en castelán). 31 de agosto de 2023. Consultado o 27 de outubro de 2023. 
  6. "El Lugo confirma la rotura del cruzado de Hugo Rama". As (en castelán). 17 de xuño de 2019. Consultado o 27 de outubro de 2023. 
  7. Meitín Buján, I. (14 de xaneiro de 2020). "Hugo Rama e 17 máis para asaltar Vallecas por primeira vez". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 27 de outubro de 2023. 
  8. "Hugo Rama lémbrase de Juanfran tras marcar o seu primeiro gol como profesional". CRTVG. 22 de outubro de 2020. Consultado o 22 de outubro de 2020. 
  9. 9,0 9,1 Fernández, Pablo (31 de agosto de 2023). "Oficial: Hugo Rama rescinde con el Oviedo y se va al Deportivo" (en castelán). Consultado o 27 de outubro de 2023. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar