José Ramón González Pérez

futbolista galego

José Ramón González Pérez, coñecido deportivamente como José Ramón, nado en Carreira (Ribeira) o 20 de maio de 1968 é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol galego. Xogou no Deportivo da Coruña e na SD Compostela.

José Ramón
Información persoal
Nome José Ramón González Pérez
Nacemento 20 de maio de 1968 (55 anos)
Lugar de nacemento Carreira
Altura 1,79 m.
Posición Centrocampista
Carreira xuvenil
Carreira CF
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1986–1987 Fabril Deportivo
1987–1995 Deportivo da Coruña 194 (21)
1995–1998 Compostela 84 (6)
1998–2000 Deportivo da Coruña 1 (0)
2000–2001 Ourense 11 (0)
Total 290 (27)
Adestrador
2008–2010 Montañeros
2011–2012 Montañeros
2014–2016 Deportivo da Coruña (xuvenís)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

A súa carreira comeza no equipo da súa vila natal, o Carreira CF, ata o ano 1986 no cal pasa ao Fabril Deportivo, e posteriormente ao Deportivo da Coruña. Durante a tempada 1993–94 sufriu unha lesión de pube que o mantivo afastado dos terreos de xogo durante case toda a campaña. Ao ano seguinte abandonou o equipo tras gañar a Copa do Rei e fichou pola SD Compostela, onde xogou durante tres tempadas. Na campaña 1998–99 regresou ao Deportivo, retirándose no 2000 trala consecución do título de Liga.

Como adestrador editar

Na tempada 2008–09 firmou como adestrador do Montañeros CF, equipo da Terceira División que conseguiu meter nos postos de ascenso, conseguindo unha praza en Segunda División B tras o descenso do Ciudad de Santiago ao final da campaña. O 13 de maio de 2010 anunciou que non continuaría no club coruñés, tras posicionalo no décimo posto da categoría de bronce.[1]

En xaneiro de 2011 fíxose cargo novamente do Montañeros, tras o cesamento de Abraham García, que á súa vez fora o seu substituto cando abandonara o club o ano anterior.[2] En xaneiro de 2012 foi cesado debido aos malos resultados.

Persoal editar

É irmán de Fran, tamén exfutbolista. Participou cantando con el no disco Selección Xa! da revista Bravú a favor da recuperación da Selección de fútbol de Galicia.

Palmarés editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar