Tito Ramallo
Rogelio "Tito" Ramallo Peña, nado na Coruña o 1 de xaneiro de 1970,[1] é un ex-futbolista e actual adestrador de fútbol galego. Xogaba de defensa.
Tito Ramallo | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Rogelio Ramallo Peña | ||
Nacido | 1 de xaneiro de 1970 (51 anos) | ||
Lugar | A Coruña | ||
Altura | 1,76 m. | ||
Posición | Defensa | ||
Carreira xuvenil | |||
–1987 | Victoria | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1987–1993 | Deportivo B | ||
Adestrador | |||
1999–2001 | Deportivo da Coruña (xuvenís) | ||
2001–2012 | Deportivo B | ||
2015–2016 | Banants | ||
2017–2018 | Cerceda | ||
2018 | Deportivo Fabril | ||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
TraxectoriaEditar
Como xogadorEditar
Ramallo chegou ao Deportivo B en 1987 procedente do Victoria. No filial coruñés xogou cinco tempadas capitaneando o equipo que conseguiu o ascenso a Segunda División B en 1991. Retirouse en 1993 e estudou INEF.
Como adestradorEditar
No ano 1993 regresa o R.C. Deportivo da Coruña e desenvolve distintas funcións dentro do corpo técnico do club ata a súa condición de primeiro adestrador. En 1999 debutou como adestrador dos xuvenís do Deportivo, e dous anos máis tarde fíxoo como adestrador do Deportivo B, co que foi tres veces campión de Terceira División e xogou nunha ocasión a fase de ascenso à Segunda División A. O 15 de maio de 2012 anunciouse que non seguiría como adestardor do filial branquiazul, logo de 11 campañas.[2] O seu substituto foi José Luis Devesa.
O 11 de xullo de 2017 anunciouse como adestrador do CCD Cerceda, acabado de ascender a Segunda División B.[3]
O 15 de xuño de 2018 o Deportivo da Coruña anunciou a súa contratación para o Deportivo Fabril, substituíndo a Gustavo Munúa e volvendo a un equipo que xa adestrara entre 2001 e 2012.[4] Anunciouse que contará con Manuel Pablo como segundo adestrador.[5] O 22 de outubro de 2018 foi cesado, logo dunha vitoria, un empate e sete derrotas.[6] Foi substituído polo castellonenco Sergio Pellicer.[7]
PalmarésEditar
AdestradorEditar
- Deportivo B
NotasEditar
- ↑ Ficha en BDfutbol
- ↑ "Adiós a Tito Ramallo"
- ↑ "El Cerceda estrena categoría y entrenador: Tito Ramallo". Marca. 11 de xullo de 2017. (en castelán)
- ↑ "Tito Ramallo, novo adestrador do Fabril". Deportivo da Coruña. 15 de xuño de 2018.
- ↑ "Tito Ramallo regresa al Fabril". La Voz de Galicia. 15 de xuño de 2018.
- ↑ "Tito Ramallo deixa de ser adestrador do Fabril". Deportivo da Coruña. 22 de outubro de 2018.
- ↑ "Sergio Pellicer, novo adestrador do Fabril". Deportivo da Coruña. 23 de outubro de 2018.