Cristóbal Parralo
Cristóbal Parralo Aguilera, nado en Priego de Córdoba (Córdoba) o 21 de agosto de 1967, é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol español. Xogaba de defensa e foi internacional coa selección española. Dende 2021 adestra o Racing de Ferrol.
Cristóbal Parralo | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Cristóbal Parralo Aguilera | ||
Nacemento | 21 de agosto de 1967 (56 anos) | ||
Lugar de nacemento | Priego de Córdoba | ||
Altura | 1,78 m. | ||
Posición | Defensa | ||
Información de club | |||
Club actual | Racing de Ferrol (ad.) | ||
Carreira xuvenil | |||
Damm | |||
Barcelona | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1986–1987 | Barcelona B | 43 | (0) |
1987–1989 | Barcelona | 20 | (2) |
1988–1989 | → Oviedo (cedido) | 28 | (3) |
1989–1991 | Logroñés | 72 | (5) |
1991–1992 | Barcelona | 11 | (0) |
1992–1995 | Oviedo | 109 | (2) |
1995–2001 | Espanyol | 214 | (2) |
2001–2003 | Paris Saint-Germain | 63 | (0) |
Total | 560 | (14) | |
Selección nacional | |||
1985–1986 | España sub-18 | 5 | (0) |
1985–1990 | España sub-21 | 8 | (0) |
1991–1993 | España | 6 | (1) |
Adestrador | |||
2008 | Benfica (asistente) | ||
2009 | Santa Eulàlia | ||
2009 | Girona | ||
2012 | Damm | ||
2016–2017 | Deportivo B | ||
2017–2018 | Deportivo da Coruña | ||
2018–2019 | Alcorcón | ||
2019–2020 | Racing de Santander | ||
2021– | Racing de Ferrol | ||
Na rede | |||
![]() ![]() | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Traxectoria editar
Adestrador editar
O 27 de xuño de 2016 fíxose oficial a súa contratación polo Deportivo da Coruña para adestrar o seu equipo filial, en Terceira División.[1] Nesa mesma campaña o equipo logrou o ascenso a Segunda División B, logo de ser campión de grupo e superar ao CP Cacereño na promoción de ascenso.[2]
O 24 de outubro de 2017 foi anunciado como novo adestrador do Deportivo da Coruña, logo da destitución de Pepe Mel,[3][4] facéndose cargo do filial temporalmente Cristóbal Coméndez e Manuel Pablo.[5] O 4 de febreiro de 2018 foi cesado, debido aos malos resultados (2 vitorias, 3 empates e 7 derrotas).[6] O seu substituto foi Clarence Seedorf.[7]
Notas editar
- ↑ "Cristóbal Parralo, nuevo entrenador del Fabril". riazor.org. 27 de xuño de 2016. (en castelán)
- ↑ "Un final de película para el ascenso del Fabril a Segunda B". La Voz de Galicia. 28 de maio de 2017. (en castelán)
- ↑ "O Real Club Deportivo rescinde o contrato de Pepe Mel". Deportivo da Coruña. 24 de outubro de 2017.
- ↑ "Cristóbal, Manjarín e Luis Fandiño, novos responsables do primeiro equipo". Deportivo da Coruña. 24 de outubro de 2017.
- ↑ "Manuel Pablo y Rubén Coméndez dirigen el Fabril provisionalmente". La Voz de Galicia. 25 de outubro de 2018.
- ↑ "Cristóbal Parralo deixa de ser adestrador do primeiro equipo do Deportivo". Deportivo da Coruña. 4 de febreiro de 2018.
- ↑ "Oficial: Seedorf, nuevo técnico del Deportivo". Marca. 5 de febreiro de 2018. (en castelán)