Antonio Campillo

futbolista español

Antonio Campillo Medina, nado o 16 de decembro de 1990 en Madrid, é un futbolista profesional español da canteira do Atlético de Madrid, que xoga como centrocampista no Club Deportivo Lugo da Segunda División.

Antonio Campillo
Información persoal
Nome Antonio Campillo Medina
Nacemento 16 de decembro de 1990 (33 anos)
Lugar de nacemento Madrid
Altura 1,76 m
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual CD Lugo
Número 10
Carreira xuvenil
Atlético Madrid
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2008–2009 Atlético Madrid C 33 (9)
2009–2010 Atlético Madrid B 18 (0)
2010–2012 Getafe B 12 (0)
2012 UD Melilla 10 (2)
2012–2013 Collado Villalba 33 (9)
2013–2015 Rayo Vallecano B 61 (18)
2015– Lugo 128 (6)
Partidos e goles só en liga doméstica.

Selección: actualizado a 3 de setembro de 2019editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Nado en Madrid, Antonio Campillo formouse nos xuvenís do Club Atlético de Madrid da súa cidade natal, onde na temporada 2009-10 pasa formar parte do segundo equipo "colchoneiro" da Segunda División B. Alí permanecería un ano, sendo fichado polo Getafe CF B da mesa categoría. No equipo madrileño permanece temporada e media, até que asina pola Unión Deportiva Melilla, equipo que ese ano ten como obxectivo o ascenso á Segunda División.[1] No equipo norteafricano xogaría 10 partidos, anotando dous goles. Ao final da temporada asina polo Collado Villalba da Terceira División, onde tras anotar 8 goles, chama a atención do Rayo Vallecano, que o ficha para o seu filial. Co equipo de Vallecas consegue o ascenso á Segunda B, onde chama ás portas do primeiro equipo tras anotar 13 goles xogando como centrocampista. Porén, o Club Deportivo Lugo anuncia a súa contratación por dúas temporadas o 3 de xullo de 2015 para xogar na Segunda División, sendo a segunda fichaxe do club galego para a temporada 2015-16.[2]

Clubs editar

Club Categoría Ano PX Goles
Atlético de Madrid C Terceira 2008-2009 33 7
Atlético de Madrid B Segunda B 2009-2010 18 0
Getafe B Segunda B 2010-2011 7 0
Getafe B Segunda B 2011-2012 5 0
UD Melilla Segunda B 2012 10 2
Collado Villalba Terceira 2012-2013 33 9
Rayo Vallecano B Terceira 2013-2014 23 5
Rayo Vallecano B Segunda B 2014-2015 38 13
Lugo Segunda 2015-2016 36 0
Lugo Segunda 2016-2017 41 3
Lugo Segunda 2017-2018 29 2
Lugo Segunda 2018-2019 21 1

Notas editar

  1. ABC, ed. (25 de xaneiro de 2012). "Campillo, segundo refuerzo del Melilla, llega convencido de lograr el ascenso" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2015. Consultado o 5 de xullo de 2015. 
  2. Club Deportivo Lugo, ed. (3 de xullo de 2015). "El CD Lugo hace oficial el fichaje del centrocampista Antonio Campillo" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 05 de xullo de 2015. Consultado o 5 de xullo de 2015. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar