Samuel Galindo
Samuel Galindo Suheiro, nado en Santa Cruz de la Sierra o 6 de xuño de 1981, é un futbolista profesional internacional boliviano que xoga como centrocampista no Arsenal da Premier League.
Samuel Galindo | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Samuel Galindo Suheiro | ||
Nacemento | 18 de abril de 1992 (32 anos) | ||
Lugar de nacemento | Santa Cruz de la Sierra | ||
Altura | 1,90 m. | ||
Posición | Centrocampista | ||
Información de club | |||
Club actual | Arsenal | ||
Carreira xuvenil | |||
2009–2010 | Real América | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2010– | Arsenal | 0 | (0) |
2010–2011 | → Salamanca (cedido) | 7 | (0) |
2011–2012 | → Gimnàstic (cedido) | 12 | (0) |
2012–2013 | → Lugo (cedido) | 5 | (0) |
2013 | → Wilster (cedido) | 7 | (0) |
2014 | → Oriente Petrolero (cedido) | ||
2015 | → Portuguesa (cedido) | ||
2015 | → Sport Boys (cedido) | ||
2015 | → Petrolero (cedido) | ||
Selección nacional | |||
2009 | Bolivia sub-17 | 7 | (1) |
2009–2011 | Bolivia sub-20 | 4 | (0) |
2010– | Bolivia | 2 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Selección: actualizado a 20 de xaneiro de 2013[ editar datos en Wikidata ] | |||
Traxectoria
editarSamuel Galindo debutou na tempada 2008 na segunda división boliviana, xogando no Club Real América, onde permaneceu até a tempada 2009-10, sendo o xogador máis destacado do equipo, e converténdose na gran promesa do seu país, e nunha das maiores de Suramérica, chamando a atención do grandes equipo europeos, entre outros o Real Madrid ou a Fiorentina.
En decembro de 2009 decide marchar a probar en equipos europeos, entre os cales estaban o Everton e o Arsenal, clubs que militan na Premier League inglesa. Convenceu a ambos equipos, mais finalmente é o equipo londiniense o que se fai cos seus servizos, pagando algo máis de 500.000 de libras.
Debido á lexislación inglesa Galindo non podía xogar en Inglaterra debido á súa mocidade, polo que o Arsenal decide ceder ao xogador, polo que peleán equipos como o Osasuna e o Racing de Santander de Primeira División española, e o galego Celta de Vigo da Segunda División, pero é finalmente a UD Salamanca, que tamén xoga na Segunda, quen consegue a súa cesión, posteriormente sería ao Gimnàstic. A seguinte tempada comeza a adestrar co Club Deportivo Lugo, da mesma categoría, finalmente pasando a formar parte do cadro de xogadores do club. O xogador, despois de non ter moitas oportunidades de xogo, deixa o club o 31 de xaneiro de 2013, última día de mercado de fichaxes de inverno.