David Ferreiro
David Ferreiro Quiroga, coñecido habitualmente como David Ferreiro, nado en Baños de Molgas[1] o 1 de abril de 1988, é un futbolista profesional galego que xoga de centrocampista para o Huesca da Segunda División.
David Ferreiro | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | David Ferreiro Quiroga | ||
Nacemento | 1 de abril de 1988 | ||
Lugar de nacemento | Baños de Molgas | ||
Altura | 1,70 m | ||
Posición | Dianteiro | ||
Información de club | |||
Club actual | Huesca | ||
Número | 7 | ||
Carreira xuvenil | |||
Pavillón Ourense | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2006–2007 | Ourense B | ||
2006–2008 | Ourense | 36 | (4) |
2008–2009 | Atlético Ciudad | 23 | (1) |
2009–2011 | Zamora | 72 | (8) |
2011–2014 | Granada | 0 | (0) |
2011–2012 | → Cádiz (cedido) | 39 | (9) |
2012–2013 | → Racing S. (cedido) | 35 | (1) |
2013–2014 | → Hércules (cedido) | 35 | (2) |
2014–2016 | Lugo | 73 | (2) |
2016– | Huesca | 200 | (12) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 17 de novembro de 2021. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Traxectoria editar
Nado en Ourense, formouse nas categorías inferiores do Pavillón Ourense, un dos clubs de base polideportivos máis importantes do deporte galego. Posteriormente pasou polas categorías inferiores do principal club da súa cidade, o Club Deportivo Ourense, onde chegou a debutar co primeiro equipo na tempada 2006-07. Ao ano seguinte foi un habitual no once ourensán, xogando con tan só 19 anos 34 partido na Segunda División B. A seguinte tempada xogou no Atlético Ciudad de Lorquí, da mesma categoría, a na seguinte tempada fichou por dúas campañas polo Zamora Club de Fútbol. Despois de disputar dúas grandes tempadas, o Granada Club de Fútbol fixouse nel e contratouno para cedelo ao Cádiz Club de Fútbol, dentro do acordo de colaboración que mantiñan ambos clubs.
Tras unha gran tempada no club gaditano, xogando 39 partidos e anotando 8 goles no Grupo IV da Segunda División B. Alí acabou campión do seu grupo e xogou a fase de ascenso á Segunda División, mais perdeu na última rolda ante o Club Deportivo Lugo, capitaneado polo seu excompañeiro do Ourense Manu. Tras ser obxectivo no mercado de fichaxes polo propio Lugo, o 29 de xullo de 2012 fíxose oficial a súa fichaxe polo Racing de Santander en calidade de cedido por unha tempada. Nos primeiros partidos da competición, Ferreiro non foi convocado e estivo apartado do equipo. Posteriormente o adestrador do equipo santanderino, o lucense Fabri, comezou a darlle algunha oportunidade na Copa do Rei e nalgúns partido de Liga nunha posición pouco habitual para el: a de dianteiro centro. Co cambio de adestrador do equipo, fíxose coa titularidade, xogando ao final 35 partidos e anotando 1 gol.
Na seguinte tempada volveu ser obxectivo do Lugo, mais por mor da súa relación contractual co Granada, este club decidiu cedelo ao Hércules Club de Fútbol. No club alacantino foi peza clave e un dos mellores do equipo, aínda que finalmente non puido evitar o descenso do equipo á Segunda División B. O 11 de xullo de 2014, tras acabar o seu contrato co Granada, fichou finalmente polo Club Deportivo Lugo, equipo que levaba varias tempadas detrás da súa contratación.[2]
Xogou dúas tempadas no Lugo, disputando case todos os partidos, ata que en 2016 fichou pola SD Huesca. Co equipo aragonés conseguiu ascender a Primeira na súa segunda tempada. Aínda que o equipo acabou descendendo ao ano seguinte, volveu lograr un novo ascenso na tempada 2019/20, na que acabou como campión de Segunda, sendo Ferreiro un dos xogadores máis destacados.[3]
Clubs editar
Ano | Club | División | Partidos | Goles |
---|---|---|---|---|
2006–2007 | CD Ourense | Segunda B | 2 | 0 |
2007–2008 | CD Ourense | Segunda B | 34 | 4 |
2008–2009 | Atlético Ciudad | Segunda B | 23 | 1 |
2009–2010 | Zamora CF | Segunda B | 36 | 4 |
2010–2011 | Zamora CF | Segunda B | 36 | 4 |
2011–2012 | Cádiz CF | Segunda B | 39 | 9 |
2012–2013 | Racing de Santander | Segunda | 35 | 1 |
2013–2014 | Hércules CF | Segunda | 35 | 2 |
2014–2015 | CD Lugo | Segunda | 39 | 0 |
2015–2016 | CD Lugo | Segunda |
Notas editar
- ↑ "David Ferreiro, o fillo predilecto de Baños de Molgas, estrea contrato ante o Celta de Vigo". Galiciapress. Consultado o 2021-03-07.
- ↑ Cordido, Manuel (11 de xullo de 2014). Fútbol de Lugo, ed. "El CD Lugo anuncia su primer refuerzo de la parcela ofensiva, el extremo ourensano David Ferreiro, procedente del Hércules" (en castelán).
- ↑ "Ferreiro, el futbolista verdadero" (en castelán). 18 de xullo de 2017. Consultado o 27 de novembro de 2020.