Xulio Díaz
Xulio Díaz Sánchez, nado no Concello de Cesuras o 16 de abril de 1948 é un adestrador galego de fútbol.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 16 de abril de 1948 (76 anos) Cesuras, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista, adestrador de fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Traxectoria
editarXulio Díaz acadou sona ao ser o adestrador do Club Deportivo Lugo na temporada 1991-92, cando o club da cidade amurallada conseguiu o ascenso á Segunda División de fútbol. Foi tamén o encargado de comezar a temporada seguinte, pero logo de trece xornadas foi substituído por Luis Rodríguez Vaz.
Adestrador tamén do Bergantiños FC e Pontevedra CF, volveu adestrar o CD Lugo ao longo de tres temporadas, entre 2000 e 2003, desta vez en Segunda División B, que precederon o descenso dos lugueses a Terceira División Española. En total, ao longo da súa carreira, Díaz adestrou o CD Lugo en 214 partidos de Liga, o técnico que o fixo máis veces en toda a historia do club albivermello[1]. En marzo de 2007 fichou pola SD Negreira, en Terceira, onde comezou tamén a temporada 2007-08[2].
É profesor da escola de Adestradores de fútbol de Galicia.
Notas
editar- ↑ "Julio Díaz y Nacho comentarán el partido para TVG2", artigo en El Progreso, 23 de xuño de 2011.
- ↑ "Julián toma el relevo a Julio Díaz" Arquivado 02 de abril de 2015 en Wayback Machine., El Correo Gallego, 25 de marzo de 2008.