Sociedad Deportiva Negreira
equipo galego de fútbol
(Redirección desde «SD Negreira»)
A Sociedade Deportiva Negreira é un club de fútbol galego de Negreira, na provincia da Coruña. Foi fundado en 1965 e compite no grupo Norte da Preferente Autonómica de Galicia.
Negreira | |||
---|---|---|---|
Nome | Sociedad Deportiva Negreira | ||
Fundación | 1965 | ||
Estadio | Campo Municipal de Fútbol Jesús García Calvo, Negreira, Galicia | ||
Capacidade | 2.000 | ||
Presidente | José Antonio Fraga | ||
Adestrador | Adrián Vázquez | ||
Liga | Preferente - Grupo 1 | ||
2023/24 | 1º | ||
Vestimenta | Joma | ||
Patrocinador | Hermanos Mallón[1] | ||
Na rede | |||
http://www.sdnegreira.es | |||
| |||
Historia
editarA principios da década de 1980, durante a presidencia de Gumersindo Rodríguez-Trelles e con José Manuel Rodríguez "Rodri" como adestrador, logrou ascender da Liga da Costa a Primeira Rexional. Nos anos 1990 continuou ascendendo. Debutou na Terceira división española a tempada 2001-02 e chegou a xogar na Segunda división B española a tempada 2005-06. É o 279º na Clasificación Histórica de Segunda división B.[2]
Uniforme
editar- Uniforme titular: Camiseta vermella, pantalón azul e medias vermellas.
- Uniforme alternativo: Camiseta branca, pantalón branco e medias brancas.
Estadio
editar- Artigo principal: Estadio Xesús García Calvo.
O estadio do Negreira é o Xesús García Calvo, antes xogaba no campo de Cepelo na parroquia de Logrosa, con capacidade para 2.000 espectadores.
Datos do club
editar- Tempadas en 1ª: 0
- Tempadas en 2ª: 0
- Tempadas en 2ª B: 1
- Tempadas en 3ª: 12 (Incluída a 2013/14)
- Mellor posto na liga: 20º (Segunda División B, tempada 2005–06).
- Peor posto na liga: 15º (Terceira División, tempada 2001–02).
Historial na liga
editar
|
|
|
Palmarés
editar- Subcampión da Terceira División (1): 2004/05.
- Preferente Galicia (1): 2014/15.
- Primeira Galicia (1): 2023/24.
- Copa Deputación da Coruña (1): 2006
Notas
editar- ↑ Fotografía dun partido SD Dubra vs SD Negreira[Ligazón morta], Web da SD Dubra.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 18 de decembro de 2011. Consultado o 05 de xullo de 2012.